Mañá, día 15 de marzo, conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Este día ten a súa orixe nunha declaración feita polo ex-presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, sobre catro dereitos básicos:
- Dereito a produtos e servizos seguros.
- Dereito a ser informado/a.
- Dereito a elexir.
- Dereito a ser escoitado.
Posteriormente a estes catro dereitos engadíronse outros catro:
- Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
- Dereito a ser compensado/a.
- Dereito á educación.
- Dereito a un medio ambiente san.