lunes, 25 de julio de 2011

DESCULPAS

Unha vez actualizado o blogue, quero pedirvos desculpas por facelo tan tarde. Os primeiros días de vacacións adiqueinos a descansar e despois as novas tecnoloxías xogáronme una mala pasada, estropeándoseme o ordenador. Menos mal que me poideron recuperar todas as fotos do curso!!!

Pero bueno, como dí o refrán máis vale tarde que nunca e agora xa tedes aquí as últimas actividades do curso. Espero que esteñades pasando unhas boas vacacións e que as estedes desfrutando ao máximo a pesar de que o tempo non nos está acompañando demasiado.

Aproveitade que cada vez queda menos para comezar un novo curso. Biquiños Merliños!!!

FIN DE CURSO

Coma todos os finais de curso, este tamén foi moi intenso. Ademais de preparar e organizar os traballos para poder levalos para a casa, tivemos un montón de actividades para despedir o curso.

Unha delas foi a actuación dun contacontos que compartimos cos peques da gardería que o vindeiro curso xa virán ao "cole dos maiores". Dicir que esta actuación foi un agasallo da Editorial Anaya, así que... MOITAS GRAZAS!!!


O día 20 de xuño fomos ao auditoio municipal para presenciar un concerto da Escola Municipal de Música. Algúns dos nosos Merliños foron protagonistas dese concerto. Aquí vos deixamos as fotos.







E xa para dar por rematado o curso, o mércores 22 de xuño tivemos unha xornada chea de xogos e música. Un ano máis e como vén sendo xa habitual nestes últimos cursos, Brétema Animación amenizounos a mañá con hinchables, diversos xogos e moita música facendo inolvidable o último día deste curso 2010/2011. Se queredes ver o ben que o pasamos, pinchade na seguinte foto.