martes, 27 de marzo de 2012

UNHA DE OVOS


Si, si, eso que vedes son ovos e andarédesvos preguntando: Que irán a facer os Merliños cos ovos? Pois como xa sabedes, as vacacións de Semana Santa están a piques de chegar e nós imos a facer uns divertidos ovos de pascua.

Xa empezamos a colorealos pero teredes que esperar uns días para ver o resultado final. E ata que chegue o momento podedes facer clic na imaxe para acceder a un Libro Lim elaborado por Ana de AulaTic.

SEMANA DA PRENSA

Fai xa un par de semanas que andivemos a traballar cos periódicos con motivo da SEMANA DA PRENSA. Fixemos diferentes actividades cos xornais e tamén aprendimos algo máis deste medio de comunicación como por exemplo as diferentes seccións que teñen, o formato das noticias e descubrimos tamén que moitos destes xornais están moi presentes en internet a través das súas edicións dixitais.

Os Merliños da profe Begoña andivemos a buscar nos xornais números e letras F(xa que estamos traballando este fonema).

 



Na clase da profe Cris quixemos convertirnos en xornalistas por un día e por iso, despois de mirar os xornais, escollimos cada un a fotografía que máis lle gustou, pegámola nun folio e escribimos un titular para ela. Aquí vos deixamos algún exemplo de como nos quedou a actividade.