lunes, 21 de marzo de 2011

A QUE SABE A LÚA?

Os xoves a última hora da tarde, os Merliños imos ao Encerado Dixital Interactivo(EDI) xunto coas nosas mestras Lucía e Cris.

É unha actividade que nos gusta moito xa que no EDI podemos facer un montón de cousas desde escribir, pintar, facer puzzles... ata poder visionar un video. 

O xoves pasado fixemos algo novo. Escoitamos e vimos un conto grazas ás actividades LIM. Neste caso, esta actividade do conto A QUE SABE A LÚA? da editorial Kalandraka, debémoslla ás profes Ana Martínez e Rosa Grille do CEIP de Pazos(Ferrol).

Primeiro vimos e escoitamos o conto con moitísima atención e despois fixemos as actividades e os xogos entre todos. Se facedes clic na foto poderedes ver o atentos que estabamos e o ben que o pasamos.