sábado, 25 de diciembre de 2010

XOGOS PARA O NADAL

Aquí vos deixo algúns xogos para estes días de vacacións. Facendo click en cada imaxe ides á páxina onde poderedes xogar.

Xogo de memoria



Uns puzzles navideños


Decorar a árbore de Nadal

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO

OS MERLIÑ@S E AS SÚAS PROFES... COS SEUS MELLORES DESEXOS PARA ESTE NADAL E PARA O NOVO ANO 2011.


VISITA DE PAPÁ NOEL

O mércores tivemos unha gran sorpresa: PAPÁ NOEL FÍXONOS UNHA VISITA!!!

Foi algo inesperado e as nosas caras de asomo dicíano todo. Algúns dos merliños déronlle a Papá Noel as cartas que lle escribiran e el deixounos uns caramelos.

Estivo pouquiño tempo porque dixo que aínda lle quedaba moito traballo e moitos nenos por visitar e ademais tiña que regresar a Laponia para organizar todos os agasallos que tiña repartir na Noite Boa.

A estas horas moitos de vós estaredes xa disfrutando dos agasallos que Papá Noel vos deixou esta noite. Espero que foran moitos e lembrade que aínda quedan os Reis Magos por chegar...



CONCERTO DA ESCOLA DE MÚSICA

O pasado martes fomos ao auditorio para disfrutar da actuación que a Escola de Música nos tiña preparada. Poidemos escoitar panxoliñas e pezas musicais interpretadas por moitos dos nosos compañeiros do colexio. E entre eles tamén estaban catro merliñas que cantaron moi ben as cancións que prepararon con tanto entusiasmo ao longo destes meses.

Desde aquí damos a noraboa a tódolos participantes e tamén aos seus mestres.

Lucía, Aroa, Iria e Ainoa

martes, 21 de diciembre de 2010

ANIVERSARIO DE LUCAS LOPEZ

O noso merliño LUCAS LÓPEZ estivo aniversario a semana pasada. Xa cumpreu 4 aniños e por iso trouxo ao colexio esa impresionante tarta para compartila cos seus compañeiros.

Quen escribe esto non puido probala pero segurísimo que a torta estaba deliciosa e que os seus compañeiros lle cantaron o cumpreanos feliz despois de soprar as candeas.

PARABÉNS LUCAS!!!


lunes, 20 de diciembre de 2010

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

Hoxe pola tarde tivemos unha sorpresa: A ACTUACIÓN DUN HOME-ORQUESTRA!!! Si, si, o que oides, un home cargado de todos cantos instrumentos vos podedes imaxinar e que era capaz de facelos soar a todos á vez. Tiña acordeón, harmónica, bombo, platillos e ata unha turuta...

Ese home-orquestra chamábase César e díxonos que viña dunha vila que se chama Freixo e a modo de cancións foinos contando historias do seu pobo e dos seus veciños.

Pasámolo moi pero que moi ben bailando e cantando ao son de todos aqueles instrumentos que portaba César e que cun pequeno movemento era capaz de facerlles soar.

A actuación foi un agasallo da recén estreada ANPA do colexio, á cal lle queremos agradecer o esforzo realizado para que hoxe todos poidésemos disfrutar deste gran músico.


domingo, 19 de diciembre de 2010

A ARBORE DO CORREDOR

No corredor de Infantil as nosas mestras puxeron unha árbore moi grande e moi especial. Está feito cos cartóns dos ovos que pintamos entre todos e decorado coas boliñas e coas campás de nadal que fai uns días levamos para a casa para decorar xunto coas nosas familias.

Todas elas quedaron moi fermosas e as nosas profes agradecen a colaboración dos nosos papás e mamás. Aquí vos deixamos unha pequena mostra gráfica de como quedou a montaxe.



DECORACIÓN DE NADAL

Estes últimos días estivemos decorando as nosas aulas e os corredores de Infantil para que todo vaia tomando un ambiente navideño. Así podedes ver a árbore tan fermosa que fixeron os Merliños na profe Lucía coas súas propias mans.

E na clase da profe Cris fixemos unha orixinal árbore cuns pratos de plástico e unhas mandalas de nadal que coloreamos con rotuladores. Mirade que chulo quedou!!





lunes, 13 de diciembre de 2010

PREPARANDO O NADAL



Ola a tod@s!!!

Non pensedes que vos temos abandonados pero é que andamos moi atarefados preparando os traballos do trimestre, enchendo as carpetas, decorando a aula, os corredores... en fin que estamos totalmente inmersos no Nadal, que por certo xa queda ben pouquiño para que chegue e con el as tan ansiadas vacacións.

Nos vindeiros días iremos poñendo cousiñas para que vexades como está quedando o colexio e as nosas aulas, así que non nos perdades de vista...