viernes, 10 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO

O Entroido está a piques de facer acto de presenza nas nosas vilas e tamén en Mondoñedo. Os Merliñ@s xa andan a pensar nos seus disfraces e para que sigan quentando motores aquí vos deixo uns enlaces nos cales podedes atopar recursos para traballar o Entroido desde as vosas casas.

Espero que vos gusten e lles sacades proveito. Para rematar un pouquiño de música...

PARABÉNS AROA!!!

Os Merliñ@s fanse maiores!!! Hoxe comezamos a rolda dos aniversarios dos 6 anos, e abreuna AROA.

Para celebralo comparteu cos seus compañeiros unha rica torta decorada con Hello Kity e agasallounos cuns caramelos sugus. Como de costume, eles correspondéronlle cantando o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS AROA!!!



CUNQUEIRO E A COCIÑA

Como xa sabedes levamos uns meses traballando un proxecto sobre a vida e obra de Álvaro Cunqueiro Mora. Pois estes días rematámolo por fin e unha das últimas cousas que aprendimos del foi que, ademais de escribir libros de poesías e de relatos, tamén escribiu libros de cociña. En concreto descubrimos a súa obra "A Cociña Galega".

A través deste libro, puxémonos mans á obra co mundo das receta de cociña. Vimos as partes que teñen: Título, Ingredientes e Elaboración ou Preparación. Manipulamos tamén diferentes libros de cociña que nos trouxo a profe e así poidemos descubrir que en moitos tamén engaden a cada receta unha foto do resultado final ou para cantas persoas son as cantidades dadas así como o tempo de elaboración.

E para facer a actividade máis significativa para nós, dispuxémonos a escribir a receta que fixemos antes do Nadal. Entre todos escollimos un título para a receta e aquí vola deixamos para que probedes a facela:

ÁRBORE DE NADAL

Ingredientes:
  • 1 paquete de sobaos
  • 1 bote de nocilla
  • lacasitos e fideos de chocolate
Elaboración:
  1. Untar a nocillo nos sobaos.
  2. Colocar os sobaos en forma de árbore.
  3. Adornar cos lacasitos e cos fideos de chocolate.
E este foi o resultado que acadamos o día que elaboramos esta receta.