martes, 15 de febrero de 2011

ALERTA LARANXA

Déixovos aquí o correo electrónico que foi enviado ao centro hoxe pola tarde advertindo da alerta laranxa que estableceu a Axencia Estatal de Metereoloxía e Meteogalicia. Según vaia habendo novidades ireivos informando, xa que o noso centro atópase dentro dos concellos da Mariña Lucense que tamén se vén afectados pola alerta.

Alerta laranxa por fenómenos costeiros na Coruña e Pontevedra
Mar, 15/02/2011 - 14:11
En base ás predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia, ante a previsión dun adverso meteorolóxico de vento con refachos superiores a 100 km.h (alerta laranxa) en tódolos concellos da provincia da Coruña e Pontevedra así como os integrados na comarca da Mariña Lucense.
De acordo coa recomendación formulada pola comisión de alertas meteorolóxicas reunida o día de hoxe ás 11 da mañá comunícolle a suspensión de actividades extraescolares e as que se realicen ao aire libre durante toda a xornada do 16 de febreiro de 2010.
Esta decisión non supón a suspensión de actividades docentes nin do transporte escolar, pero recoméndase o seguimento da información meteorolóxica para o caso dun empeoramento da predición ou do incremento de risco na localidade onde radique o centro escolar.
A información pode seguirse nos enderezos electrónicos:
www.aemet.es, www.meteogalicia.es e www.112galicia.org
Concellos incluídos na zona xeográfica de aviso da Mariña Lucense:
Alfoz
Barreiros
Cervo
Foz
Xove
Lourenzá
Mondoñedo
Ourol
A Pontenova
Ribadeo
Trabada
O Valadouro
O Vicedo
Viveiro
Burela