jueves, 3 de marzo de 2011

PREPARANDO O DISFRACE...

Ao longo desta semana estivemos preparando cousas para o disfrace que imos a estrear na festa de mañá. Entre outras cousas, pintamos as nosas espadas piratas...






MANDADIÑO

Como xa sabedes esta semana, co motivo do Entroido, tivemos o Mandadiño que nos ía dicindo cada día o que tiñamos que levar. Ademais este ano foi acumulativo, é dicir, cada día tiñamos que traer o de ese día xunto co que xa trouxéramos os días anteriores.

Hoxe chegou ao seu fin, porque mañá toca celebrar o Entroido cos nosos disfraces. E hoxe poidemos comprobar a transformación que fomos sufrindo durante toda a semana e así os nenos acabaron convertidos en nenas e as nenas en nenos. Desta forma cambiamos os roles por uns días dunha forma moi pero que moi divertida. Observade como acabamos hoxe...

ANIVERSARIO DE LUCÍA

Hoxe a nosa compañeira LUCÍA estivo de aniversario e cumpriu 5 aniños, como mendran os nosos Merliñ@s!!!

Para celebralo trouxo ao cole unha torta que estaba boísima e os seus compañeiros estiveron con ela cantándolle o Cumpreanos Feliz e axudándolle a soprar as candeas.

PARABÉNS LUCÍA!!!