martes, 31 de mayo de 2011

HORARIO DE XUÑO



A partir de mañá, 1 de xuño, o horario do centro pasa a ser só de mañá. Déixovos aquí como quedarían os horarios:

Alumnos/as usuarios do Comedor Escolar:

Transportados:              de 9:20 h. a 15:00 h.
Non transportados:       de 9:20 h. a 14:45 h.

Alumnos/as non usuarios do Comedor Escolar

                           de 9:20 h. a 14:05 h.

lunes, 30 de mayo de 2011

E POR FIN CHEGOU O DÍA

Contabamos os días que nos faltaban, agardabamos ansiosos polo día e... POR FIN CHEGOU O 23 DE MAIO!!!

Todos sabiamos que ese era o día que iamos de excursión a Marcelle. E todos fomos puntuais e o pasado luns ninguén se quedou durmido. Provistos das sudaderas do colexio, de gorra e roupa cómoda, montamos no bus e puxemos rumbo a Marcelle.

Cando chegamos xa nos esperaban alí os nosos monitores que nos dividiron en 2 grupos, uns eramos os Mapaches e os os outros as Tartarugas. A partir de aquí a visitar os animais dos cales aprendimos un montón de cousas. Vimos renos, bisontes, osos, linces boreias, emues, suricatas, cebras, cervicapras, wapitis, mapaches, tartarugas... e un montón de animais máis.

O día chegou ao seu fin e o cansancio fixo presencia na viaxe de volta xa que moitos de nós decidimos pechar os ollos e caer rendidos nun profundo sono.


Para ver as fotos da viaxe facede click nesta foto.




PARABÉNS!!!

Fai uns días, dous dos Merliños da profe Lucía cumpriron xa 5 anos. MARTA e LUCAS IRAVEDRA compartiron cos seus compañeiros un día tan especial para eles e todos xuntos disfrutaron duns ricos biscoitos.

PARABÉNS PARA OS DOUS!!!




LETRAS GALEGAS

O pasado 16 de maio celebramos no colexio o Día das Letras Galegas. Durante a xornada de mañá, tivemos carreiras, nas cales participamos por aulas. Nestas carreiras os tres primeiros nenos e as tres primeiras nenas que chegaran á meta levaban unha medalla. Os nosos Merliños gañadores foron: MÁXIMO, SERGIO, JUAN, LUCAS VARELA, LUIS E LUCAS IRAVEDRA. SABELA, AROA, AINOA, LUCÍA, CRISTINA E PAULA foron as Merliñas gañadoras.

Xa pola tarde disfrutamos dunha sesión de xogos que prepararon as nosas profes coa axuda da profe Cova, a profe de ximnasia.

Foi un día moi divertido e no cal nos acompañou o bo tempo polo que poidemos disfrutar moito.



Se pinchas na imaxe poderás ver máis fotos.





viernes, 13 de mayo de 2011

OS MERLIÑ@S EN "VIVIR AQUÍ"

Xa sabemos a data de emisión e estamos desexando que chegue o día para poder o guapos que saimos na tele todos os nenos de Infantil.

Así que se vós tamén tedes ganas de vernos, teredes que poñer a TVG o vindeiro 17 DE MAIO ás 16:30 HORAS.

Será nun especial das Letras Galegas no programa "Vivir aquí" onde sairemos. Esperemos que vos guste!!!


lunes, 9 de mayo de 2011

EXCURSIÓN A MARCELLE

Como xa sabedes o vindeiro 23 de maio os nenos e nenas de Educación Infantil iremos de excursión a MARCELLE.

Lembrade que ao longo desta semana tedes que traer as autorizacións asinadas así coma os cartos, que son 21,5 €.

Para que vaiades vendo o que nos imos atopar en Marcelle, podedes facer clic nesta foto.

E estes son os animais que imos ver.

LETRAS GALEGAS 2011 - LOIS PEREIRO


Ao longo desta semana os Merliñ@s traballaremos a vida e obra de LOIS PEREIRO, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Iremos contándovos todo aquelo que vaiamos aprendendo sobre este autor para que todos vós tamén saibades moitas cousas sobre el.

sábado, 7 de mayo de 2011

VIII ENCONTROS DE EDUCACIÓN INFATIL



Ola Merliños!

A profe Cris tivo ocasión de acudir esta finde semana aos VIII Encontros de Educación Infatil que se celebraron en Santiago.

Foi unha boa experiencia coa cal aprendín cousas novas e puiden ver como outras mestras traballan cos seus nenos. Ademais foi un pracer para min escoitar a todos os relatores, especialmente a Myriam Nemirovsky e a Angélica Sátiro.

Unha das cousas que trouxen destes encontros foron dous novos blogues que vos deixo enlazados na columna da dereita. Un deles chámase OS PICAROS DE VANE e o outro CON OUTRA MIRADA. Botádelles unha ollada.

E despois desto só poido esperar que, polo menos algunha destas experiencias a poida levar a cabo cos meus Merliños.

PLANETARIO VIAXEIRO

Durante esta semana no noso cole tivemos instalado no ximnasio un Planetario Viaxeiro, que a Fundación Obra Social La Caixa achega aos centros educativos.

E como non podía ser de outro xeito, os Merliños quixemos aproveitar a ocasión que se nos ofrecía e o pasado martes fomos coas nosas profes e así poidemos disfrutar do video que se podía ver no planetario.

Poidemos ver máis de cerca o sol, as estrelas, a lúa... Vimos como hai estrelas que teñen forma de carro de osa... Tamén descubrimos que a Terra se move arredor do Sol dando voltas e máis voltas...

Foi unha experiencia fantástica que esperemos se poida repetir en máis ocasións.



lunes, 2 de mayo de 2011

TVG

Como xa sabedes, hoxe viñeron a gravarnos un equipo da TVG. Esta gravación vai a formar parte dun programa especial que se emitirá con motivo das Letras Galegas.

Nesto van a participar outros colexios e a todos nos une a mesma cousa: o nome dos nosos centros é o nome dun escritor.

No noso caso ademais aproveitamos que neste ano 2011 se celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora, escritor que dá nome ao noso centro.

Aínda non sabemos cando imos a sair na tele. O que si sabemos é que vai a ser no programa titulado VIVIR AQUÍ e que probablemente a emisión do noso video sexa os días previos ou posteriores ao 17 de Maio, Día das Letras Galegas, ou mesmo ese día. Xa vos diremos a data exacta.

Desde aquí queremos darlle as grazas ao equipo da TVG que veu: a Quico, a Fran e a Montse.

IKER E PAULA

A semana pasada volvimos a estar de aniversarios, esta vez foron IKER e PAULA os que cumpriron 5 aniños.

Cada un trouxo un rico biscoito que compartiron cos seus compañeiros os cales lles cantaron moi ben o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS PARA OS DOUS!!!