lunes, 15 de noviembre de 2010

CUMPREANOS DE LUIS

E os nosos Merliños seguen a cumprir anos. Hoxe foi o turno de LUIS, que cumpriu 4 aniños e quixo celebralo con nós traendo un riquísimo biscoito moi decorado cuns "lacasitos" de cores. Aí o vedes coa súa coroa a piques de soprar a candea do número 4.

PARABÉNS LUIS!!!



MAGOSTO 2010

O pasado xoves 11 de novembro, coincidindo coa festividade de San Martiño, celebramos no colexio o MAGOSTO.

Durante os días previos estivemos preparando as nosas cestiñas para as castañas as cales elaboramos cun cartón de leite pintado con témpera marrón. A cestiña compoñíase de dúas partes, unhas para as castañas e outra identificada cunha papeleira para botar nela as pelas e así non tiralas no chan. Tamén aportamos un puñadiño de castañas.

Un ano máis resaltamos unha das festas máis tradicionais da nosa comunidade autónoma e aprendimos unha estrofa dunha canción que dí algo así:

"Non chas quero, non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas querom non chas quero,
que me cheiran ao magosto."