lunes, 31 de enero de 2011

PROXECTO "OS PIRATAS"

Despois de que Pascuala nos pedise axuda para descubrir cousas dos Piratas, os Merliños e as Merliñas están traendo ás aulas moitas cousas: barcos, tesouros, mapas... Agardamos que sexan moitas cousas máis as que aportedes entre todos/as para así poder establecer nas aulas os Recantos do Proxecto.


domingo, 30 de enero de 2011

DIA DA PAZ

O pasado venres celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Ao longo da semana estivemos preparando moitas cousas para ese día ademais de falar sobre a Paz e sobre o seu significado.

Unha das cousas que fixemos foron as bandeiras de algúns dos países de Europa. Cada ciclo fixo as bandeiras dun continente e aos nenos e nenas de Infantil tocounos facer as bandeiras dos países do nosos continente. Esas bandeiras rodearon unha gran pomba que colgamos no patio, simbolizando así a unión de todo o mundo ante a PAZ.

Ademais no ciclo de Infantil, elaboramos unhas cadeas cunhas siluetas humanas e que colocamos ao redor da árbore que temos no corredor das nosas aulas. E fixemos uns medallóns que nos quedaron fermosísimos.

Tamén nesta semana, Merliño, a mascota da biblioteca, pideunos que escribísemos mensaxes sobre a PAZ e que os fósemos depositando no seu gran libro.

Xa o venres, despois do recreo, xúntamonos tod@s no patio cuberto. Alí os nosos compañeiros de 5 anos e de Primaria leron unhas mensaxes. A nós gustounos moito unha: "Arriba a PAZ, abaixo a guerra". Despois cantamos a canción "Un millón de amigos" de Roberto Carlos. E por último tiñamos dúas grandes piñatas que unha vez que as logramos abrir descubrimos que contiñan papeliños de cores e as mensaxes que Merliño nos mandara facer. Cada neno/a colleu unha mensaxe para depositala na pomba.

Foi unha xornada intensa chea de bos propósitos para a Paz. Agardamos que eses propósitos se fagan realidade e presentes durante todos os días do ano.

miércoles, 26 de enero de 2011

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Aínda que o Día da Paz é o vindeiro domingo 30 de Xaneiro, no cole xa andamos preparando todo para a súa celebración que vai a ser o venres despois do recreo.

Ao longo destes días iremos poñéndovos todo o que estamos a facer, e para comezar deixámosvos esta canción que será a que cantemos o venres.

martes, 18 de enero de 2011

O COELLIÑO BRANCO


Nestes días estamos a traballar o conto O Coelliño Branco, da editorial Kalandraka e que é unha adaptación dun conto popular portugués feita por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán.

Nos vindeiros días mostrarémosvos o pequeno dosier que estamos a facer sobre o conto.

sábado, 8 de enero de 2011

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more