martes, 19 de octubre de 2010

RECANTO DE PLÁSTICA

Hoxe os Merliños da profe Cris, estreamos un novo recanto na nosa aula: O RECANTO DA PLÁSTICA. Nel poderemos manipular unha gran variedade de materiais, potenciar a nosa creatividade, empregaremos diferentes técnicas, adquirir soltura e precisión nos nosos trazos e movementos...

E para estrealo a nosa amiga a Rá Pascuala deixounos na súa caixa información sobre un pintor chamado PIET MONDRIAN. Así soubemos que Mondrian foi mestre, ao igual que a nosa profe Cris, antes de adicarse plenamente á pintura. Tamén averiguamos que pintou moitas paisaxes do país onde naceu, Holanda e que máis tarde decantaríase por empregar nas súas creacións só as cores primarias: AZUL, VERMELLO E AMARELO, combinándoos coas cores NEGRA E BRANCA.

Pascuala deixounos un encargo que consistía en pintar un cadro parecido a algúns dos que fixo Piet Mondrian.

Aquí vos deixamos un resumo gráfico, incluso dos nosos primeiros "artistas" que se animaron a estrear o novo recanto.