miércoles, 29 de febrero de 2012

PARA SEGUIR TRABALLANDO

Déixovos un xogo moi entretido para que poidades practicar desde a casa as letras que imos traballando. Dicir que o xogo atopeino na páxina web da Xunta de Andalucía.  Facede clic na imaxe e... a desfrutar aprendendo!!!




E tamén vos deixo outro libro LIM que conta con actividades diversas e para as idades de 3, 4 e 5 anos e que nos chega desde a Escola de Casalonga.




VOLTA Á NORMALIDADE

Parece que despois de tanta festa entroideira, por fin os Merliñ@s voltamos á normalidade gardando xa os nosos disfraces e as nosas máscaras para darlle o último tirón a este trimestre que xa logo remata.

Pero antes queremos ensinarvos o ben que o pasamos preparando a chegada do Entroido ás nosas aulas e vivindo a festa. Nos días previos démoslles ás nosas aulas e aos corredores de Infantil un ambiente moi carnavaleiro con estes orixinais antifaces.








Tamén elaboramos unhas máscaras moi orixinais e simpáticas, a ver se adiviñades quen está detrás de cada unha delas...



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow

viernes, 10 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO

O Entroido está a piques de facer acto de presenza nas nosas vilas e tamén en Mondoñedo. Os Merliñ@s xa andan a pensar nos seus disfraces e para que sigan quentando motores aquí vos deixo uns enlaces nos cales podedes atopar recursos para traballar o Entroido desde as vosas casas.

Espero que vos gusten e lles sacades proveito. Para rematar un pouquiño de música...

PARABÉNS AROA!!!

Os Merliñ@s fanse maiores!!! Hoxe comezamos a rolda dos aniversarios dos 6 anos, e abreuna AROA.

Para celebralo comparteu cos seus compañeiros unha rica torta decorada con Hello Kity e agasallounos cuns caramelos sugus. Como de costume, eles correspondéronlle cantando o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS AROA!!!



CUNQUEIRO E A COCIÑA

Como xa sabedes levamos uns meses traballando un proxecto sobre a vida e obra de Álvaro Cunqueiro Mora. Pois estes días rematámolo por fin e unha das últimas cousas que aprendimos del foi que, ademais de escribir libros de poesías e de relatos, tamén escribiu libros de cociña. En concreto descubrimos a súa obra "A Cociña Galega".

A través deste libro, puxémonos mans á obra co mundo das receta de cociña. Vimos as partes que teñen: Título, Ingredientes e Elaboración ou Preparación. Manipulamos tamén diferentes libros de cociña que nos trouxo a profe e así poidemos descubrir que en moitos tamén engaden a cada receta unha foto do resultado final ou para cantas persoas son as cantidades dadas así como o tempo de elaboración.

E para facer a actividade máis significativa para nós, dispuxémonos a escribir a receta que fixemos antes do Nadal. Entre todos escollimos un título para a receta e aquí vola deixamos para que probedes a facela:

ÁRBORE DE NADAL

Ingredientes:
  • 1 paquete de sobaos
  • 1 bote de nocilla
  • lacasitos e fideos de chocolate
Elaboración:
  1. Untar a nocillo nos sobaos.
  2. Colocar os sobaos en forma de árbore.
  3. Adornar cos lacasitos e cos fideos de chocolate.
E este foi o resultado que acadamos o día que elaboramos esta receta.




viernes, 3 de febrero de 2012

A PAZ

Ao longo da semana pasada estivemos preparando varias cousas para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia celebrado o pasado luns 30 de xaneiro.

Para decorar os corredores de Infantil fixemos unhas pombas coas nosas mans e as cales acompañamos dunha palabra ou frase que expresaban o que cada un de nós entendía por Paz.


Con cartulinas, témpera branca, uns gomets e as nosas mans deixamos así de decorados os nosos corredores.

 
Tamén durante estes días aprendimos unha poesía de Gloria Fuertes, titulada "Solo tres letras" e para rematar, o luns fixemos unha pulseras moi chulas que levamos para a casa.



E así foi como os Merliños conmemoramos o Día da Paz xunto cos nosos compañeiros/as de 3 e 4 anos.





CANTO TEMPO!!!

Pois si, pasou moito tempo desde a última entrada e xa era hora de actualizar e poñer ao día o noso blogue. Así que cóntovos brevemente o que andivemos a facer desde a volta do Nadal ata o día de hoxe.

O día 9 de xaneiro chegamos ás aulas despois dun longo periodo de vacacións e atopámonos cunha boa sorpresa: OS REIS DEIXÁRANNOS AGASALLOS NO COLE!!!

Entre eses agasallos había un pouco de todo: puzzles, xogos de mesa, carriños para as bonecas, xogos de letras e números, carriño de limpeza para o recuncho do xogo simbólico...

Pasamos unha mañá moi divertida abrindo os agasallos e xogando con eles por primeira vez pero na clase dos Merliños da profe Cris o que máis nos gustou foi, sen lugar a dúbidas, o parchís e a oca. Aínda non collimos moi ben a dinámica do xogo pero pouco a pouco imos aprendendo e o mellor de todos é que a través destes xogos traballamos tamén outras cousas como a numeración, o saber establecer normas nos xogos e aprender a respectalas...


E tamén durante os primeiros días de xaneiro encargámonos de decorar as nosas aulas acordes á nova estación do ano na que nos atopamos. Así os Merliños da profe Bego fixeron este fermoso mural do Inverno.



Xa vedes que durante este tempo non estivemos parados porque ademais de facer todo esto tamén estamos rematando o noso proxecto de Álvaro Cunqueiro. En vindeiros días poderedes ver como nos quedou.