viernes, 14 de noviembre de 2014

NOVO RECANTO

Na nosa aula temos diferentes recantos: PLÁSTICA, XOGO SIMBÓLICO, ORDENADOR, MATEMÁTICAS, LETRAS...
 
Pois a todos estes recantos, estes días uneuse outro: O RECANTO DO PROXECTO, é dicir, o RECANTO DAS BRUXAS.
 
Nel temos xa un montón de cousas que trouxemos das nosas casas: libros, contos, vasoiras, sombreiros, debuxos, información, películas, cancións... Tamén nel podemos observar todo o que imos averiguando sobre as bruxas,
 
A  verdade é que nos quedou un recanto moi chulo, mirade mirade!!!
 
 

AS CANCIÓNS DA ASEMBLEA

Todos os días ao chegar ao colexio e despois de poñer os mandilóns, facemos a asamblea. Cada día temos un encargado ou encargada que é quen leva a cabo as diferentes tarefas: pasar lista, poñer o tempo atmosférico, mirar no calendario o día que é...

Pero antes de facer todo eso, sempre cantamos unhas cancións. A primeira é a dos bos días para comezar a xornada con bo humor.



Despois tamén escoitamos unha canción sobre os días da semana.



E as que máis nos gustan son as das vogais e a dos números.



A verdade é que nos gusta moito cantar e desta forma comezamos o día con moi bo humor e dun xeito moi alegre.
 
Agora podedes aprendelas vós e poñelas en práctica!!!

TEMPO DE CASTAÑAS

O outono comezou en setembro pero a verdade é que se fixo de rogar e non deu sinais ata fai uns días. Xa todos pensabamos que iamos comer as castañas do magosto en manga corta...
 
Pero ao final chegou e a verdade que con moita forza e bastante frío. E así o luns pasado tivemos que poñer os abrigos para poder celebrar o Magosto con todos os nenos e nenas do colexio.
 
Este ano, a nosa profe fíxonos unhas cestiñas con papel de periódico (que están os tempos moi mal para andar gastando, hai que reutilizar!) e nós decorámolas cunhas castañas e cuns gomets. Quedáronnos moi chulas!!! E tamén fixemos un pin dun castañeira e que levaba unha mensaxe: TOMA CASTAÑA!!!

Como sempre deixámosvos mostra gráfica do ben que o pasamos.


martes, 11 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O pasado xoves 30 de outubro os nenos e nenas de Infantil celebramos o SAMAÍN. Durante a semana estivemos decorando o noso corredor do cal colgamos bruxas, cabazas e pantasmas que metían medo!

As profes tamén nos decoraron as portas das clase para darlles un aire monstruoso...

E para finalizar o xoves 30 pola tarde, a Bruxa Maruxa contounos un conto e con ela cantamos e bailamos ao ritmo da súa canción: A Bruxa Maruxa, María Fumaça.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra gráfica de todo.



sábado, 1 de noviembre de 2014

PROXECTO "AS BRUXAS"

A principios do mes de outubro na nosa clase comezaron a pasar cousas moi raras.





Si, si, aparecíannos pegadas no chan e tamén na ventá, arañas e as súas teas, líquidos de cores e vermes noxentos...
 
Costounos moito descubrir quen era a persoa que nos estaba deixando todo aquelo. Pero logo de moito pensar e grazas a unha carta que nos deixaron na clase, por fin soubemos que se trataba dunha BRUXA.
 
E deste xeito comezamos o noso proxecto sobre AS BRUXAS.