domingo, 30 de enero de 2011

DIA DA PAZ

O pasado venres celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Ao longo da semana estivemos preparando moitas cousas para ese día ademais de falar sobre a Paz e sobre o seu significado.

Unha das cousas que fixemos foron as bandeiras de algúns dos países de Europa. Cada ciclo fixo as bandeiras dun continente e aos nenos e nenas de Infantil tocounos facer as bandeiras dos países do nosos continente. Esas bandeiras rodearon unha gran pomba que colgamos no patio, simbolizando así a unión de todo o mundo ante a PAZ.

Ademais no ciclo de Infantil, elaboramos unhas cadeas cunhas siluetas humanas e que colocamos ao redor da árbore que temos no corredor das nosas aulas. E fixemos uns medallóns que nos quedaron fermosísimos.

Tamén nesta semana, Merliño, a mascota da biblioteca, pideunos que escribísemos mensaxes sobre a PAZ e que os fósemos depositando no seu gran libro.

Xa o venres, despois do recreo, xúntamonos tod@s no patio cuberto. Alí os nosos compañeiros de 5 anos e de Primaria leron unhas mensaxes. A nós gustounos moito unha: "Arriba a PAZ, abaixo a guerra". Despois cantamos a canción "Un millón de amigos" de Roberto Carlos. E por último tiñamos dúas grandes piñatas que unha vez que as logramos abrir descubrimos que contiñan papeliños de cores e as mensaxes que Merliño nos mandara facer. Cada neno/a colleu unha mensaxe para depositala na pomba.

Foi unha xornada intensa chea de bos propósitos para a Paz. Agardamos que eses propósitos se fagan realidade e presentes durante todos os días do ano.