domingo, 24 de octubre de 2010

SUSPENSIÓN DE CLASES

Ante a fatal noticia que nos sorprendía a tod@s na tarde do sábado, comunícovos que mañá Luns 25 de Outubro quedan suspendidas as clases no horario de tarde.

Polo tanto o horario de mañá será o mesmo, de 9:25 a 12:55. Os nenos e nenas que coman no comedor marcharán para a casa ás 15:00 horas.

martes, 19 de octubre de 2010

RECANTO DE PLÁSTICA

Hoxe os Merliños da profe Cris, estreamos un novo recanto na nosa aula: O RECANTO DA PLÁSTICA. Nel poderemos manipular unha gran variedade de materiais, potenciar a nosa creatividade, empregaremos diferentes técnicas, adquirir soltura e precisión nos nosos trazos e movementos...

E para estrealo a nosa amiga a Rá Pascuala deixounos na súa caixa información sobre un pintor chamado PIET MONDRIAN. Así soubemos que Mondrian foi mestre, ao igual que a nosa profe Cris, antes de adicarse plenamente á pintura. Tamén averiguamos que pintou moitas paisaxes do país onde naceu, Holanda e que máis tarde decantaríase por empregar nas súas creacións só as cores primarias: AZUL, VERMELLO E AMARELO, combinándoos coas cores NEGRA E BRANCA.

Pascuala deixounos un encargo que consistía en pintar un cadro parecido a algúns dos que fixo Piet Mondrian.

Aquí vos deixamos un resumo gráfico, incluso dos nosos primeiros "artistas" que se animaron a estrear o novo recanto.

domingo, 17 de octubre de 2010

SANLUQUEIRAS E SANLUQUEIRO

Mirade que guapos estaban os nosos compañeiros Aroa, Iria, Cris e Luis o pasado venres. Eles son os Sanluqueiros infantís das festas de As San Lucas 2010 e o venres vestíronse co noso traxe rexional para desfilar polas rúas de Mondoñedo.

Desde a Casa do Concello ata o Auditorio Municipal, subidos nunha carroza e tirando caramelos, os nosos Sanluqueiros deron paso ao pregón das festas.

Esperamos e desexamos que estén pasando unhas boas festas, pero non só eles senon todos os nosos Merliños.

viernes, 15 de octubre de 2010

PARABÉNS CRIS!!!

Hoxe tivemos outro aniversario. Desta volta tocáballes aos Merliñ@s da profe Lucía entoar o Cumpreanos Feliz xa que a súa compañeira CRIS cumpría 4 anos. Non temos palabras para expresar o rica que estaba a torta que nos trouxo Cris, e que tamén comparteu cos Merliñ@s da profe Cris.

Que cumpras moitos máis Cris!!!




martes, 12 de octubre de 2010

ANIVERSARIO DE MÁXIMO

Onte celebramos o aniversario do noso compañeiro MÁXIMO, que cumpría 4 aniños. Como vedes na imaxe, tróuxonos unha torta moi orixinal, cunhas fermosas candeas e cargadiña de lambetadas.

Despois do ritual das candeas e do "Cumpreanos Feliz", degustamos tan exquisita torta xunto cun zume de laranxa.

PARABÉNS MÁXIMO!!!



viernes, 8 de octubre de 2010

DECORACIÓN OUTONAL

Aínda que o Outono xa comezou fai uns días, non tiveramos tempo para darlle á nosa aula un aire outonal. E foi este venres cando comezamos a decorar a nosa aula.

No recuncho da árbore das estacións colgamos uns debuxos dunha castaña e dun cogomelo que coloreamos entretidamente. Aínda nos faltan máis cousiñas que iremos facendo ao longo destas semanas.

Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo, esperamos que vos guste!


miércoles, 6 de octubre de 2010

BICOS E APERTAS

O outro día na clase da profe Cris, xurdeu unha conversación interesante sobre os amigos/as e compañeiros/as. Despois de moito falar chegamos a unha conclusión:


"Aínda que xoguemos máis con uns ou con outros, TODOS SOMOS COMPAÑEIROS".

 E para certificalo estas fermosas fotos.






Creo que sobran as palabras...