miércoles, 29 de septiembre de 2010

NOVOS HORARIOS

Informámosvos dos novos horarios a partir do 1 DE OUTUBRO

MAÑÁ

De 9:25 a 12:55 horas.

TARDE

De 14:45 a 16:15 horas, agás os LUNS que será de 15:00 a 16:30 horas.

martes, 28 de septiembre de 2010

COMENTARIOS

Xa sei que algún de vós tivo máis dun problema para poder deixar comentarios. Creo que agora está solucionado e xa é máis fácil comentar as entradas así que xa sabedes... MÁNS Á OBRA!!!

O que si vos pediría é que firmedes os vosos comentarios, xa que moitos aparecen como "Anónimos" e deste xeito non sabemos quen nos deixa ditos comentarios.

Moitas grazas a tod@s, tanto polos comentarios como polas visitas que a este paso imos ter moitísimas.

lunes, 27 de septiembre de 2010

E SEGUIMOS CUMPRINDO ANOS

Pois si, hoxe volvimos a estar de aniversario. Esta vez tocoulles a SARA e a SANDRA, da clase de profe Cris, que como vedes na foto, trouxéronnos un gran biscoito decorado cunhas figuriñas de chocolate e que tamén compartimos cos nosos compañeiros da clase de Lucía.

PARABÉNS RAPAZAS!!!

viernes, 24 de septiembre de 2010

PRIMEIROS ANIVERSARIOS

Xa nos primeiros días de colexio celebramos o aniversario de ANTONIO. Como vedes degustamos un exquisito biscoito, sopramos as candeas e entonamos o "Cumpreanos Feliz".







E hoxe venres tocoulle o turno a IRIA, que tamén nos trouxo un rico biscoito que compartimos cos Merliños da clase B. Houbo coroa, candeas e a xa coñecida canción.



Os nosos Merliños están a medrar moi rápido!!!

miércoles, 22 de septiembre de 2010

OS MANTEIS

Fai xa uns días apareceron nas nosas aulas unhas caixas que causaron un gran interese en nós. Era a CAIXA DE PASCUALA e nela tiñamos unha carta da nosa mascota así coma un mantel e uns folios de cores para que nós fixésemos o noso propio mantel para as merendas.



Pascuala tamén nos dicía na carta que á hora da merendar debemos seguir unha serie de normas:


  • Sentarnos ben e estar pretiño da mesa

  • Tirar os desperdicios á papeleira

  • Deixar o noso sitio limpo e recollido

  • Esperar aos compañeiros/as que aínda non remataron
De seguro que con estes manteis que fixemos, esas normas serán máis fáciles de cumprir. Mirade como quedaron...


E xa nos esquecíamos, Pascuala díxonos que nos vai a deixar moitas cousas nesa caixa así que agora miramos todolos días non vaia ser o demo...

martes, 21 de septiembre de 2010

PSICOMOTRICIDADE



Informámosvos dos días que os Merliños terán clase de Psicomotricidade para que así veñan con roupa cómoda e axeitada así como calzado deportivo.

CLASE DE AMPARO: XOVES


CLASE DE CRIS: MARTES

miércoles, 15 de septiembre de 2010

A RÁ PASCUALA


Esta que vedes aquí é PASCUALA e vai a ser a nosa mascota durante este curso. Como podedes observar é unha rá, pero non é unha rá normal. Ela é algo máis grande do que habitualmente son as rás e o seu tamaño débese a que un día Pascuala quixo ser unha nena co pelo longo. Por iso lle pediu axuda ao trasno Pillabán pero a maxia deste non funcionou moi ben e só a convertiu nunha gran rá, cunhas antenas e cuns pés enormes de aí que teña eses zapatos tan grandes.

Pascuala vainos a dar moitísimas sorpresas ao longo do curso e con ela aprenderemos moitas cousas. E todo será visto por vós a través desta ventaniña virtual.

AS CARAS DOS MERLIÑOS

E por fin podedes coñecer aos Merliños. Aínda falta algún que se irá incorporando a medida que nos cheguen as pouquiñas autorizacións que nos faltan.

MERLIÑOS - 4 ANOS A


MERLIÑOS - 4 ANOS B

domingo, 12 de septiembre de 2010

3, 2, 1... COMEZAMOS!!!

Xa estamos aquí!!! Este simplemente é o comezo dunha aventura que durará dous cursos, ata que os nosos Merliños rematen a etapa de Educación Infantil para pasar á tan ansiada Primaria. Pero ata que ese momento chegue temos moito tempo por diante. Tempo que adicaremos a ensinar e a aprender, a dar e a recibir, a transmitir e a reter, a falar e a escoitar..., en definitiva, un tempo no cal acadaremos que os nosos Merliños se fagan mellores persoas en tódolos ámbitos da vida.

Preguntarédesvos polo nome escollido para o noso blogue. Quixemos que o nome tivera relación coa nosa cidade e por iso nos remontamos á obra do autor que dá nome ao noso colexio, Álvaro Cunqueiro Mora, e en concreto a unha das persoaxes da súa obra: O MAGO MERLÍN.

Así que xa tedes a explicación do nacemento dos MERLIÑOS. Con eles descubriredes unha morea de experiencias que irán vivindo no día a día das súas aulas.

Agardamos que este espazo sexa do voso agrado e o demostredes deixando os vosos comentarios e facéndovos seguidores do blogue. Sen máis, despedímonos ata a próxima que esperemos sexa nuns días, cando recibamos tódalas autorizacións.

Saúdos de Amparo e Cris.