jueves, 22 de diciembre de 2011

POSTAIS DE NADAL

Pois si, o que estes días andiveron a coser os nosos Merliños foron as súas postais de Nadal. Aínda que non se aprecia moi ben nas fotos, póidovos asegurar que lles quedaron chulísimas e algún amosou grandes dotes de costureiro/a!!


miércoles, 14 de diciembre de 2011

MÁIS RECURSOS

E seguimos recompilando recursos para estas datas previas ao Nadal e que tamén vos servirán para empregar durante as vacacións.

Nesta páxina atoparedes un montón de xogos, puzzles, debuxos para colorear de temática navideña. Se facedes clic na imaxe acederedes a ela.


E se queredes un conto adaptado ás datas queda máis que recomendado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Un conto da Editorial Kalandraka creado por Chema Heras (Ávila, 1957) e ilustrado por Kiko Dasilva (Vigo, 1979). Nel poderemos achegarnos á visión que un neno pode ter sobre o Nadal.


QUE SERÁ...?


Que irá coser Iria??? Só vos dicimos que todos os Merliños se están convertendo nuns auténticos costureiros pero ata dentro duns días non vos mostraremos que andamos a facer coas agullas e cos fíos. Como adianto deixámosvos esta foto:


PRIMEIROS ADORNOS

Os corredores de Infantil van collendo ambiente navideño grazas aos adornos que os nenos e nenas andan a facer estes días. Neles xa se poden ver colgadas unhas estrelas que fixeron os peques de 3 anos, unhas árbores feitas polos nenos de 4 anos e as nosas boliñas de cores.

Para facer as nosas bolas tivemos que picar varios círculos e despois a pegar un co outro ata conseguir esto:






Nesta foto podedes ver xa pendurados os adornos feitos polos nenos e nenas de 3 e 4 anos.



CANTO FALTA PARA NADAL?

Os Merliños andamos contando os días que faltan para que o Nadal dé comezo. Levámolo facendo desde que comezou o mes de decembro e para facelo dun xeito máis divertido as nosas profes mercáronnos uns calendarios que traen SORPESAAAA!!!

Cada día o encargado abre a ventá correspondente e colle a sorpresa que se agocha detrás dela. Mirade ben as fotos dos encargados de onte e así saberedes que sorpresa teñen as ventás...




Pois si, esta é a sorpresa coa que cada día se atopan os nosos Merliños, unha chocolatina. E non vexades que ben senta comezar o día dunha forma taaaaaaannn doceeee!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

UNS XOGOS DE NADAL PARA DIVERTIRSE

Fedellando pola rede atopei uns xogos divertidos para estas épocas. Se facedes clic nas imaxes poderedes aceder a eles e pasar un bo momento.

No blogue de Blanca de Actividades para Educación Infantil atopamos este xogo para decorar a Árbore de Nadal. Con un pouco de imaxinación seguro que vos quedan unhas árbores fermosísimas.


E no blogue de Educación Infantil do CEIP Calvo Sotelo descubrimos este xogo no cal podedes vestir a un simpático boneco de neve.


Para rematar, déixovos un Libro LIM sobre o Nadal elaborado por Ana Martínez do blogue AulaTic do CEE Terra de Ferrol e ao cal chegamos grazas a Rosa de Pequespazos.



PREPARANDO O NADAL

Ola amiguiños!

Os Merliños/as andamos estes días moi atarefados coa chegada do Nadal. Cada vez quedan menos días para que dén comezo estas datas tan ilusionantes para nós.

Todos xa andamos a pensar nos agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos pero tamén nos gustan moito todas as cousas que rodean estas festas: panxoliñas, a árbore, os adornos...

Nós estamos a vestir as nosas aulas para a ocasión e entre traballo e traballo escoitamos as primeiras panxoliñas. Unha das que máis nos gusta é esta, esperamos que a vós tamén vos guste...


Pero tamén nos gusta moito oir panxoliñas en galego:



Nos vindeiros días irémosvos amosando as cousas que andamos a facer así que... ESTADE BEN ATENTOS!!!

jueves, 1 de diciembre de 2011

LAURA CUMPRE 5 ANIÑOS

Fai uns días a nosa compañeira LAURA cumpriu os 5 anos. Xunto cos seus compañeiros celebrou o seu aniversario, no cal non falto a coroa, a torta e o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS LAURA!!!