miércoles, 28 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE EVA

Hoxe EVA estivo de aniversario, xa cumpría 6 anos!!! E por eso trouxo un rico biscoito para compartilo cos seus compañeiros. Mirade que guapa está coa súa coroa.


martes, 27 de marzo de 2012

UNHA DE OVOS


Si, si, eso que vedes son ovos e andarédesvos preguntando: Que irán a facer os Merliños cos ovos? Pois como xa sabedes, as vacacións de Semana Santa están a piques de chegar e nós imos a facer uns divertidos ovos de pascua.

Xa empezamos a colorealos pero teredes que esperar uns días para ver o resultado final. E ata que chegue o momento podedes facer clic na imaxe para acceder a un Libro Lim elaborado por Ana de AulaTic.

SEMANA DA PRENSA

Fai xa un par de semanas que andivemos a traballar cos periódicos con motivo da SEMANA DA PRENSA. Fixemos diferentes actividades cos xornais e tamén aprendimos algo máis deste medio de comunicación como por exemplo as diferentes seccións que teñen, o formato das noticias e descubrimos tamén que moitos destes xornais están moi presentes en internet a través das súas edicións dixitais.

Os Merliños da profe Begoña andivemos a buscar nos xornais números e letras F(xa que estamos traballando este fonema).

 



Na clase da profe Cris quixemos convertirnos en xornalistas por un día e por iso, despois de mirar os xornais, escollimos cada un a fotografía que máis lle gustou, pegámola nun folio e escribimos un titular para ela. Aquí vos deixamos algún exemplo de como nos quedou a actividade.





jueves, 22 de marzo de 2012

ACTIVIDADE INFANTIL

Ola peques!!! Esta tarde recibín un correo electrónico no cal se me informa dunha actividade que pode interesarvos. Déixovos aquí a toda a información sobre esta actividade:

Data: SÁBADO 24 DE MARZO

Lugar: LIBRARÍA BAHÍA - FOZ

Hora: 12:00 H.

Actividade cos libros "A Toupiña e as estacións" da Editorial PATASDEPEIXE. Visionaranse videos, haberá contacontos e elaborarase unha marioneta-toupiña de man. A actividade ten un custo de 2€ para o material.


Así que xa sabedes, se o sábado pola mañá non tedes nada que facer podedes achegarvos ata Foz e desfrutar desta actividade que seguro vos vai a gustar.



BENVIDA PRIMAVERA!!!

A primavera xa está aquí e os Merliños/as queremos darlle a benvida con esta fermosa obra de Vivaldi que leva o nome desta estación.






E para traballar un puco esta estación do ano, podedes facer clic na iamaxe e así poderedes desfrutar dun Libro Lim.


miércoles, 14 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Mañá, día 15 de marzo, conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Este día ten a súa orixe nunha declaración feita polo ex-presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, sobre catro dereitos básicos:
  • Dereito a produtos e servizos seguros.
  • Dereito a ser informado/a.
  • Dereito a elexir.
  • Dereito a ser escoitado.
Posteriormente a estes catro dereitos engadíronse outros catro:
  • Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
  • Dereito a ser compensado/a.
  • Dereito á educación.
  • Dereito a un medio ambiente san.
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor celebrouse por primeira vez o 15 de marzo de 1983.

ARRANCAMOS CO NOVO PROXECTO!!!


Pois xa comezamos co noso novo proxecto. Como podedes ver nas imaxes, os Recunchos do Proxecto estanse enchendo pouco a pouco de un montón de cousas que teñen números: tickets de compra, xeringas, calculadoras, cintas métricas, décimos de lotaría, calendarios, envases de produtos, carteis de ofertas... A medida que vaiamos avanzando no proxecto descubriremos os diferentes usos e valores que teñen os números en cada unha desas cousas pero antes deixamos claro que x atemos algo de idea así que aquí vos deixamos as IDEAS PREVIAS que temos sobre o tema a traballar.

PARA QUE SERVEN OS NÚMEROS?

Para contar.
Para chamar ás persoas por teléfono.
Para saber que hora é.
Para medir cunha regla.
Para saber canto pesas.
Para saber en que ano estamos.
Para saber canto costan as cousas.
Para saber canto biberón toman os bebés.
Para poñelos nas matrículas e nas sinais da rúa.
Para cobrar.
Para saber a data.




miércoles, 7 de marzo de 2012

UN ANO MÁIS

Xa está aquí de novo a convocatoria dos premios Espiral de Edublogs e nós voltamos a participar. O premio é o de menos, o importante é dar a coñecer a nosa bitácora e todo o que nela amosamos.

Deste xeito compartimos as nosas experiencias con outros mestres e outros nenos/as de moitos coles e de moitos lugares, incluso de fóra das nosas fronteiras.

Agora só queda esperar, pero mentras vós tedes un traballiño que facer: deixar os vosos comentarios de apoio!!! Para facelo só tedes que facer clic na imaxe dos premios que está na columna da dereita e así xa iredes á páxina do premios na cal debedes de deixar os vosos comentarios. Esperamos ter moitos!!!!



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Mañá é 8 de marzo e conmemórase o Día Internacional da Muller. Os Merliños adicaremos a xornada da mañá para traballar cousiñas relacionadas cunha educación baseada na igualdade entre sexos.

Algún dos recursos que empregaremos mañá será o libro Lim elaborado por Ana, de AulaTic. Nel trabállase partindo dun poema de Carmen Gil e conta con variadas e divertidas actividades. Se vós tamén queredes desfrutar deste libro Lim facede clic neste enlace: http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/.



martes, 6 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE LUCÍA

Hoxe estivo de aniversario a nosa compañeira LUCÍA e celebrouno cos seus compañeiros e coa súa profe Begoña cunha rica torta.

Xa temos outra merliña máis que se une ao clube dos 6 anos, todos se van facendo maiores...

PARABÉNS LUCÍA!!!



domingo, 4 de marzo de 2012

NOVO PROXECTO




Xa rematamos o proxecto de Álvaro Cunqueiro e como non podemos estarnos quedos xa empezamos a pensar no seguinte proxecto.

Comezarémolo en breves, polo de agora estamos agardando material para poder montar os nosos recantos e empezar a traballar xa no novo tema.

Esta vez imos a traballar OS NÚMEROS, algo tan presente na nosa vida e con significados moi variados. Pouco a pouco iremos descubrindo a existencia dos números en cousas que nunca imaxinamos.

Nuns días poderedes ver xa os nosos recantos con todo aquelo que traiamos das nosas casas.