lunes, 31 de octubre de 2011

SAMAÍN

Ao longo de toda a semana pasada estivemos preparando a celebración do Samaín que finalmente tivo lugar o venres.

As nosas aulas foron decoradas con motivos relacionados con esa festa: cabazas, morcegos, bruxas... Pero o que máis nos gustou foi a decoración coa que nos atopamos o venres pola mañá no corredor de Infantil. Nas portas das clases había unhas cortinas feitas con bolsas de plástico negro. Moito medo non nos daba pero pasámolo moi ben cada vez que entrabamos ou saiamos da aula.

Tamén andivemos a facer unhas pantasmas moi orixinais cun chupa chups e unha servilleta. A verdade é que eran moi sinxelas de facer.

Pois a xornada do venres comezaba lendo unha carta da Bruxa Piruxa que lles chegou aos nenos e nenas de 3 anos. Nela a bruxa citábanos para pola tarde dicíndonos que nos ía a contar uns contos.

Así que pola tarde, todos saimos ao corredor de Infantil e alí agardamos impacientes a chegada da Bruxa Piruxa. Todo estaba tan escuro e de fondo soaba unha música tan misteriosa que algún tivo algo de medo e incluso algunha bágoa lle caeu... Cando vimos á Bruxa Piruxa os medos fóronse porque poidemos descubrir que é unha bruxa boa. Contounos dous contos: O Lobo Feroz(Ed. OQO) e A Bruxa Regañadentes(Ed. OQO). Despois bailamos con ela ao son da canción do Samaín de Mamá Cabra.

Para rematar o día, as nosas profes repartíronnos unhas chocolitanas de Samaín.