viernes, 9 de noviembre de 2012

PREPARANDO O MAGOSTO

Nesta época do ano en moitos lugares de Galicia celébranse os MAGOSTOS. Esta festa, de orixe pagá, lévase a cabo desde fai moitísimos anos ao longo dos cales o seu significando foi variando.


Esta festa foi relacionada coa fecundidade,tamén cos santos e defuntos... e sempre tivo un carácter alegre homenaxeando aos castiñeiros e ás castañas.


O lume, como símbolo do sol, e as castañas son dous dos elementos principais desta festa. No noso cole tamén imos celebrar o Magosto.

Farémolo o vindeiro venres 16 de novembro, e por eso andamos preparando as nosas cestiñas e adornando as aulas e os corredores do centro con cousas relacionadas con esta festa. E para que traballedes moitísimo, déixovos todos estes recursos:


Un libro LIM sobre a figura da castañeira:






E para mover un pouco o corpo:

domingo, 28 de octubre de 2012

SAMAIN

Nestes días estamos xa a pensar no Samaín e andamos a facer cousiñas para decorar as nosas aulas e os corredores do noso ciclo. Nuns días ensinarémosvos o que temos preparado para celebrar esta festa.


E para que mentres non vos aburrades imos deixarvos uns enlaces para que poidades traballar o Samaín.


Da man de Ana e o seu blog AulaTic, chéganos este libro LIM sobre o Samaín e feito ademais en diferentes idiomas. Ademais deste LIM tamén podedes atopar outros recursos interesantes.





Déixovos tamén esta canción de Mamá Cabra moi boa para estes días.




Outros enlaces interesantes:

Web de Norberto: recursos.

*  https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/: información e recursos.

* http://www.juegaspeque.com/: algúns xogos.

VOLTAMOS

Despois de case dous meses co blogue inactivo, voltamos á carga con cousas novas. Durante este tempo estiven adaptándome ás novas funcións que desenvolvo neste curso, as de Mestra de Apoio a Educación Infantil, algo novo para min e ao que pouco a pouco me vou adaptando.

Ao longo do curso ademais de apoiar nas aulas de Educación Infantil, tamén impartirei Psicomotricidade e Educación Musical nas tres aulas.

Así que ando a poñerme ao día en todo esto, buscando recursos e actividades que sexan significativas para o meu alumnado.

Pero a pesar de que este curso non vai haber uns Merliños, intentarei continuar coa actualización frecuente do blogue aportando recursos, ensinándovos as actividades que faremos no ciclo de Educación Infantil e contando a miña experiencia como mestra de apoio.

Agardando que os contido sigan sendo do voso agrado, non me demoro máis e comezamos de novo!!!

miércoles, 5 de septiembre de 2012

NOVO CURSO

Bueno aínda que os peques non comezades ata o vindeiro día 12, os profes xa andamos polos colexios preparando un montón de cousas, reuníndonos, decorando aulas... para que todo esté en perfecto estado para recibirvos de novo.

E con este novo curso remata xa a aventura dos nosos Merliños. Eles comezarán unha nova etapa na Educación Primaria, unha etapa que seguro lles deparará novas experiencias e novos coñecementos. Desde aquí, as profes Bego e Cris queremos desexarlles moitísima sorte. Aquí vos deixamos as súas fotos de graduación que lles fixemos o pasado xuño.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow made with Smilebox


Aproveito para dicirvos que no novo curso 2012/2013 este blogue non terá uns Merliños propios xa que, quen vos escribe, a profe Cris este ano non vai a ter titoría senon que desenvolverá as tarefas de Apoio a Educación Infantil.

Esto non quere dicir que o blogue vaia a pechar as súas portas. Mais ben todo o contrario, nel iredes vendo todo o que facemos os nenos/as de Infantil nas clases de psicomotricidade, música... así como tamén as nosas celebracións e festividades.

Así que non perdades ollo e non deixedes de visitarnos.

Bo comezo de curso a todos!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

ÚLTIMOS ANIVERSARIOS

Entre carpeta e carpeta, entre boletín e boletín, entre orlas e diplomas os Merliños aínda temos tempo a celebrar os últimos aniversarios do curso.

O martes 19 de xuño cumpría anos FÁTIMA e cunha torta de Pocoyo celebrou o seu aniversario cos seus compañeiros.



E hoxe, aínda que o seu cumpreanos é no verán, quixeron celebralo cos seus compañeiros DIEGO e YERAY.




Aos tres, MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

martes, 12 de junio de 2012

JUAN CUMPRE 6 ANOS

Xa vos dixemos que este mes tiñamos moitos aniversarios. O luns foi o turno de JUAN, que nos trouxo un rico biscoito para celebrar o seu cumpreanos.

Mirade que guapo está coa súa coroa...





PARABÉNS JUAN!!!

OS XIRASOLES

Ao longo do curso, no noso Recuncho de Plástica, fomos traballando diferentes pintores. Quixemos achegarnos á arte reproducindo ao noso xeito algunhas das obras máis importantes dos autores traballados e empregando ao mesmo tempo diferentes expresións plásticas.

Hoxe rematamos a última: OS XIRASOLES de VAN GOGH. Para reproducir esta obra empregamos as acuarelas e por certo gustounos moito pintar con elas. Deixámosvos unha foto para que vexades como quedaron as nosas obras.


En poucos días farémosvos un resumo do traballo que realizamos ao longo de todo o curso.

sábado, 9 de junio de 2012

AINOA CUMPRE 6 ANOS

O fin de curso xa case está aí e con el veñen os últimos aniversarios. Na clase da profe Cris, iniciou o mes AINOA, que o pasado martes cumpreu 6 anos.

Coa súa coroa e cos seus compañeiros cantándolle o cumpreanos feliz, Ainoa soprou as candeas e celebrou así o seu aniversario con todos nós.

PARABÉNS AINOA!!!


ÚLTIMOS DÍAS

Estes días andamos moi liados preparando todo para o final de curso porque ademais para nós é especial xa que acabamos a Educación Infantil e en setembro comezaremos unha nova etapa en Primaria.

Son moitas as cousas que andamos a facer así que non temos demasiado tempo para poder actualizar o blogue en condicións e por eso vos pedimos disculpas.

Nos vindeiros días iredes vendo algunha cousa.

jueves, 31 de mayo de 2012

ANIVERSARIO DE ÁNXELA E SABELA

Hoxe na clase da profe Cris tivemos un aniversario por partida doble porque as xemelgas ÁNXELA e SABELA cumpriron xa 6 aniños.

Con elas disfrutamos deste día tan especial e demos boa conta dun riquísimo brazo de xitano recheo de crema e chocolate.

MOITOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!



martes, 22 de mayo de 2012

CANTOS ANIVERSARIOS!!!

Esta semana na clase dos Merliños da profe Bego están a ter moitos aniversarios. A primeira en chegar aos 6 anos foi MARTA, despois fíxoo LUCAS IRAVEDRA e hoxe tocoulle a LUCAS VARELA.

Como podedes ver nas fotos, todos tiveron a súa coroa, a súa torta e o seu día especial rodeado dos seus compañeiros e compañeiras.

PARABÉNS AOS TRES!!!



miércoles, 16 de mayo de 2012

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Como xa sabedes todos, mañá 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano estará adicado a VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Estes días estamos traballando a vida e obra deste home polifacético tan amante do mar e da pesca. Para eso adaptamos as actividades que nos ofrece o  Seminario Galán e así estamos elaborando un pequeno libro sobre Paz Andrade.

Pero ademais estamos tamén empregando outros recursos atopados na rede como por exemplo este libro LIM elaborado pola profe Ana de AulaTic.



 



G R A Z A S

Superamos as 6.000 visitas!!! 

Grazas a tod@s: aos que visitades este espazo, aos que comentades as entradas, aos seguidores... Pero sobre todo, quero darlles as GRAZAS aos MERLIÑOS e MERLIÑAS xa que sen eles todo esto non sería posible.


------Gifs Animados - Imagenes Animadas
Imagenes Animadas - Gifs Animados
-----

lunes, 23 de abril de 2012

MARCAPÁXINAS

Aquí vos deixamos os marcapáxinas que colorearmos e personalizamos con motivo da conmemoración do Día do Libro. A que nos quedaron chulis???



PARABENS IKER!!!

Hoxe foi o aniversario de IKER que tamén se fai maior e cumpreu xa os 6 aniños. E como non podía ser de outro xeito, volvimos a degustar unha torta que estaba... BOIIIIISIMA!!!

Iker soprou as candeas rodeado dos seus compañeir@s, os cales lle cantaron moi ben o Cumpreanos Feliz.

PARABÉNS ÍKER!!!



domingo, 22 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO


Mañá, 23 de abril, celébrase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO. Esta conmemoración instaurouse en tal data por coincidir coa data do falecemento de tres grandes figuras da literatura mundial: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Os tres morreron o 23 de abril do ano 1616.

O obxectivo deste día é fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual. Desde o ano 2001, a UNESCO nomea unha Capital Mundial do Libro cada ano. A primeira foi Madrid, e neste ano 2012 é Ereván (captial de Armenia).

Nós xa estivemos traballando sobre esto a semana pasada e estamos a facer uns marcapáxinas que poderedes ver a partir de mañá, que será cando os rematemos.

Se queredes traballar algo sobre o Día do Libro, podedes visitar AULATIC, da profe Ana de Ferrol. Nel atoparedes un montón de recursos para traballar e xogar.

Tamén podedes visionar este fantástico video que descubrimos grazas á profe Chus.

O PRIMEIRO LIBRO LIM

Durante este curso as mestras de Ed. Infantil xunto con algunha compañeira de Ed. Primaria, estamos participando nun grupo de traballo sobre EdiLim e creación de blogues de aula.

Está resultando moi interesante, sobre todo a parte de EdiLim que tanto me chamaba a atención. Por fin agora comezo a dominar esta ferramenta tan útil no desenrolo da nosa actividade docente.

Quizais este primeiro libro non vos serva de moito para poder traballar con el nas vosas aulas, xa que é como un pequeno resumo do proxecto sobre Álvaro Cunqueiro que fixeron os Merliños. De tódolos xeitos, aquí o deixo coa premisa de que este sexa o primeiro de moitos.

Desculpade os erros que tén(que son moitos), agardo que vos guste.



SEGUIMOS CO NOSO PROXECTO

Á volta das vacacións de Semana Santa retomamos o proxecto sobre os números que comezáramos antes das mesmas.

Nestas dúas semanas descubrimos que en cousas moi próximas a nós hai un montón de números. Por exemplo vimos os números que hai nas nosas datas de nacemento e o que queren dicir cada un deles. Grazas a elas tamén descubrimos os números do calendario, os meses do ano e incluso ata nos ordeamos de maior a menor. Por certo, descubrimos tamén que todos nacimos no mesmo ano!!!

Despois desto fixemos algo moi divertido para nós: medímonos, pesámonos e miramos as nosas tallas, tanto de zapato coma de roupa. Era incrible, tamén nesas cousas hai números.

Aquí vos deixamos unhas fotos de como nos medimos e de como todos os nosos datos os fomos recollendo nunhas táboas que fixeron as nosas profes para que poidamos miralos e comparalos entre todos.




Agora toca seguir descubrindo este apaixoado mundo dos números así que estade atentos...











domingo, 15 de abril de 2012

SERGIO CUMPRE 6 ANOS

Aínda que o seu aniversario coincideu nas vacacións de Semana Santa, SERGIO quixo celebralo cos seus compañeiros uns días máis tarde.

Para eso, ataviado coa súa coroa, comparteu con todos nós ese fermoso biscoito que vedes na foto.



viernes, 6 de abril de 2012

UN NOVO RECURSO

Buscando cousas para facer cos meus Merliños, atopei un novo recurso sobre Arte que igual xa coñecedes pero que eu descoñecía por completo. Gustoume moitísimo e creo que pode ser moita utilidade se vos gusta traballar a arte nas vosas aulas.

A nós seguro que nos dá ideas para seguir traballando novas obras agora que xa rematamos a que estabamos traballando e que en breves poderedes ver.

Aquí vos deixo o novo recurso creado por Mª Lourdes Giraldo Vargas, no seu blogue(http://www.logiva.es/) podedes atopar moitos máis recursos.

domingo, 1 de abril de 2012

A XOGAR!!!

Aquí vos deixo uns xogos para que o pasedes moi ben durante estes días de descanso. Con algún xa xogamos na clase, como por exemplo con este:



E con este podedes colorear o ovo ao voso gusto:



Agora a descansar e a pasalo moi ben nestes días de vacacións e lembrade que...


ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

BUSCANDO OVOS

O xoves as nosas profes tíñannos preparada unha sorpresa. Comezaron por contarnos un conto dunha "mamá coella" que fora mercar uns ovos ao mercado e que cando ía para a casa pasouse polo colexio e ao ver as nosas aulas e as nosas cousas púxose tan contenta que comezou a saltar e perdeu todos os ovos. Así que aí nos puxemos, mans á obra a buscar os ovos. Algún estaba ben escondido e deunos bastante que atopar pero ao final todos atopamos un e poidemos descubrir que non se trataba duns ovos de galiña senon uns ricos ovos de chocolate.


Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Create a free digital greeting
Ao finalizar levamos os nosos ovos que decoramos ao longo da semana e para trasnportalos fixemos estes simpáticos coellos.


E así nos quedaron os nosos ovos:



miércoles, 28 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE EVA

Hoxe EVA estivo de aniversario, xa cumpría 6 anos!!! E por eso trouxo un rico biscoito para compartilo cos seus compañeiros. Mirade que guapa está coa súa coroa.


martes, 27 de marzo de 2012

UNHA DE OVOS


Si, si, eso que vedes son ovos e andarédesvos preguntando: Que irán a facer os Merliños cos ovos? Pois como xa sabedes, as vacacións de Semana Santa están a piques de chegar e nós imos a facer uns divertidos ovos de pascua.

Xa empezamos a colorealos pero teredes que esperar uns días para ver o resultado final. E ata que chegue o momento podedes facer clic na imaxe para acceder a un Libro Lim elaborado por Ana de AulaTic.

SEMANA DA PRENSA

Fai xa un par de semanas que andivemos a traballar cos periódicos con motivo da SEMANA DA PRENSA. Fixemos diferentes actividades cos xornais e tamén aprendimos algo máis deste medio de comunicación como por exemplo as diferentes seccións que teñen, o formato das noticias e descubrimos tamén que moitos destes xornais están moi presentes en internet a través das súas edicións dixitais.

Os Merliños da profe Begoña andivemos a buscar nos xornais números e letras F(xa que estamos traballando este fonema).

 



Na clase da profe Cris quixemos convertirnos en xornalistas por un día e por iso, despois de mirar os xornais, escollimos cada un a fotografía que máis lle gustou, pegámola nun folio e escribimos un titular para ela. Aquí vos deixamos algún exemplo de como nos quedou a actividade.





jueves, 22 de marzo de 2012

ACTIVIDADE INFANTIL

Ola peques!!! Esta tarde recibín un correo electrónico no cal se me informa dunha actividade que pode interesarvos. Déixovos aquí a toda a información sobre esta actividade:

Data: SÁBADO 24 DE MARZO

Lugar: LIBRARÍA BAHÍA - FOZ

Hora: 12:00 H.

Actividade cos libros "A Toupiña e as estacións" da Editorial PATASDEPEIXE. Visionaranse videos, haberá contacontos e elaborarase unha marioneta-toupiña de man. A actividade ten un custo de 2€ para o material.


Así que xa sabedes, se o sábado pola mañá non tedes nada que facer podedes achegarvos ata Foz e desfrutar desta actividade que seguro vos vai a gustar.