miércoles, 14 de marzo de 2012

DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

Mañá, día 15 de marzo, conmemórase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. Este día ten a súa orixe nunha declaración feita polo ex-presidente dos Estados Unidos, John F. Kennedy, sobre catro dereitos básicos:
  • Dereito a produtos e servizos seguros.
  • Dereito a ser informado/a.
  • Dereito a elexir.
  • Dereito a ser escoitado.
Posteriormente a estes catro dereitos engadíronse outros catro:
  • Dereito á satisfacción de necesidades básicas.
  • Dereito a ser compensado/a.
  • Dereito á educación.
  • Dereito a un medio ambiente san.
O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor celebrouse por primeira vez o 15 de marzo de 1983.

ARRANCAMOS CO NOVO PROXECTO!!!


Pois xa comezamos co noso novo proxecto. Como podedes ver nas imaxes, os Recunchos do Proxecto estanse enchendo pouco a pouco de un montón de cousas que teñen números: tickets de compra, xeringas, calculadoras, cintas métricas, décimos de lotaría, calendarios, envases de produtos, carteis de ofertas... A medida que vaiamos avanzando no proxecto descubriremos os diferentes usos e valores que teñen os números en cada unha desas cousas pero antes deixamos claro que x atemos algo de idea así que aquí vos deixamos as IDEAS PREVIAS que temos sobre o tema a traballar.

PARA QUE SERVEN OS NÚMEROS?

Para contar.
Para chamar ás persoas por teléfono.
Para saber que hora é.
Para medir cunha regla.
Para saber canto pesas.
Para saber en que ano estamos.
Para saber canto costan as cousas.
Para saber canto biberón toman os bebés.
Para poñelos nas matrículas e nas sinais da rúa.
Para cobrar.
Para saber a data.