viernes, 9 de noviembre de 2012

PREPARANDO O MAGOSTO

Nesta época do ano en moitos lugares de Galicia celébranse os MAGOSTOS. Esta festa, de orixe pagá, lévase a cabo desde fai moitísimos anos ao longo dos cales o seu significando foi variando.


Esta festa foi relacionada coa fecundidade,tamén cos santos e defuntos... e sempre tivo un carácter alegre homenaxeando aos castiñeiros e ás castañas.


O lume, como símbolo do sol, e as castañas son dous dos elementos principais desta festa. No noso cole tamén imos celebrar o Magosto.

Farémolo o vindeiro venres 16 de novembro, e por eso andamos preparando as nosas cestiñas e adornando as aulas e os corredores do centro con cousas relacionadas con esta festa. E para que traballedes moitísimo, déixovos todos estes recursos:


Un libro LIM sobre a figura da castañeira:






E para mover un pouco o corpo:

domingo, 28 de octubre de 2012

SAMAIN

Nestes días estamos xa a pensar no Samaín e andamos a facer cousiñas para decorar as nosas aulas e os corredores do noso ciclo. Nuns días ensinarémosvos o que temos preparado para celebrar esta festa.


E para que mentres non vos aburrades imos deixarvos uns enlaces para que poidades traballar o Samaín.


Da man de Ana e o seu blog AulaTic, chéganos este libro LIM sobre o Samaín e feito ademais en diferentes idiomas. Ademais deste LIM tamén podedes atopar outros recursos interesantes.





Déixovos tamén esta canción de Mamá Cabra moi boa para estes días.




Outros enlaces interesantes:

Web de Norberto: recursos.

*  https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/: información e recursos.

* http://www.juegaspeque.com/: algúns xogos.

VOLTAMOS

Despois de case dous meses co blogue inactivo, voltamos á carga con cousas novas. Durante este tempo estiven adaptándome ás novas funcións que desenvolvo neste curso, as de Mestra de Apoio a Educación Infantil, algo novo para min e ao que pouco a pouco me vou adaptando.

Ao longo do curso ademais de apoiar nas aulas de Educación Infantil, tamén impartirei Psicomotricidade e Educación Musical nas tres aulas.

Así que ando a poñerme ao día en todo esto, buscando recursos e actividades que sexan significativas para o meu alumnado.

Pero a pesar de que este curso non vai haber uns Merliños, intentarei continuar coa actualización frecuente do blogue aportando recursos, ensinándovos as actividades que faremos no ciclo de Educación Infantil e contando a miña experiencia como mestra de apoio.

Agardando que os contido sigan sendo do voso agrado, non me demoro máis e comezamos de novo!!!

miércoles, 5 de septiembre de 2012

NOVO CURSO

Bueno aínda que os peques non comezades ata o vindeiro día 12, os profes xa andamos polos colexios preparando un montón de cousas, reuníndonos, decorando aulas... para que todo esté en perfecto estado para recibirvos de novo.

E con este novo curso remata xa a aventura dos nosos Merliños. Eles comezarán unha nova etapa na Educación Primaria, unha etapa que seguro lles deparará novas experiencias e novos coñecementos. Desde aquí, as profes Bego e Cris queremos desexarlles moitísima sorte. Aquí vos deixamos as súas fotos de graduación que lles fixemos o pasado xuño.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow made with Smilebox


Aproveito para dicirvos que no novo curso 2012/2013 este blogue non terá uns Merliños propios xa que, quen vos escribe, a profe Cris este ano non vai a ter titoría senon que desenvolverá as tarefas de Apoio a Educación Infantil.

Esto non quere dicir que o blogue vaia a pechar as súas portas. Mais ben todo o contrario, nel iredes vendo todo o que facemos os nenos/as de Infantil nas clases de psicomotricidade, música... así como tamén as nosas celebracións e festividades.

Así que non perdades ollo e non deixedes de visitarnos.

Bo comezo de curso a todos!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

ÚLTIMOS ANIVERSARIOS

Entre carpeta e carpeta, entre boletín e boletín, entre orlas e diplomas os Merliños aínda temos tempo a celebrar os últimos aniversarios do curso.

O martes 19 de xuño cumpría anos FÁTIMA e cunha torta de Pocoyo celebrou o seu aniversario cos seus compañeiros.



E hoxe, aínda que o seu cumpreanos é no verán, quixeron celebralo cos seus compañeiros DIEGO e YERAY.




Aos tres, MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

martes, 12 de junio de 2012

JUAN CUMPRE 6 ANOS

Xa vos dixemos que este mes tiñamos moitos aniversarios. O luns foi o turno de JUAN, que nos trouxo un rico biscoito para celebrar o seu cumpreanos.

Mirade que guapo está coa súa coroa...





PARABÉNS JUAN!!!

OS XIRASOLES

Ao longo do curso, no noso Recuncho de Plástica, fomos traballando diferentes pintores. Quixemos achegarnos á arte reproducindo ao noso xeito algunhas das obras máis importantes dos autores traballados e empregando ao mesmo tempo diferentes expresións plásticas.

Hoxe rematamos a última: OS XIRASOLES de VAN GOGH. Para reproducir esta obra empregamos as acuarelas e por certo gustounos moito pintar con elas. Deixámosvos unha foto para que vexades como quedaron as nosas obras.


En poucos días farémosvos un resumo do traballo que realizamos ao longo de todo o curso.