martes, 12 de junio de 2012

OS XIRASOLES

Ao longo do curso, no noso Recuncho de Plástica, fomos traballando diferentes pintores. Quixemos achegarnos á arte reproducindo ao noso xeito algunhas das obras máis importantes dos autores traballados e empregando ao mesmo tempo diferentes expresións plásticas.

Hoxe rematamos a última: OS XIRASOLES de VAN GOGH. Para reproducir esta obra empregamos as acuarelas e por certo gustounos moito pintar con elas. Deixámosvos unha foto para que vexades como quedaron as nosas obras.


En poucos días farémosvos un resumo do traballo que realizamos ao longo de todo o curso.

1 comentarios:

Ana dijo...

Que cadros máis bonitiños! Estan feitos uns artistas de primeira. Un biquiño.

Publicar un comentario