miércoles, 5 de septiembre de 2012

NOVO CURSO

Bueno aínda que os peques non comezades ata o vindeiro día 12, os profes xa andamos polos colexios preparando un montón de cousas, reuníndonos, decorando aulas... para que todo esté en perfecto estado para recibirvos de novo.

E con este novo curso remata xa a aventura dos nosos Merliños. Eles comezarán unha nova etapa na Educación Primaria, unha etapa que seguro lles deparará novas experiencias e novos coñecementos. Desde aquí, as profes Bego e Cris queremos desexarlles moitísima sorte. Aquí vos deixamos as súas fotos de graduación que lles fixemos o pasado xuño.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This digital slideshow made with Smilebox


Aproveito para dicirvos que no novo curso 2012/2013 este blogue non terá uns Merliños propios xa que, quen vos escribe, a profe Cris este ano non vai a ter titoría senon que desenvolverá as tarefas de Apoio a Educación Infantil.

Esto non quere dicir que o blogue vaia a pechar as súas portas. Mais ben todo o contrario, nel iredes vendo todo o que facemos os nenos/as de Infantil nas clases de psicomotricidade, música... así como tamén as nosas celebracións e festividades.

Así que non perdades ollo e non deixedes de visitarnos.

Bo comezo de curso a todos!!!

miércoles, 20 de junio de 2012

ÚLTIMOS ANIVERSARIOS

Entre carpeta e carpeta, entre boletín e boletín, entre orlas e diplomas os Merliños aínda temos tempo a celebrar os últimos aniversarios do curso.

O martes 19 de xuño cumpría anos FÁTIMA e cunha torta de Pocoyo celebrou o seu aniversario cos seus compañeiros.



E hoxe, aínda que o seu cumpreanos é no verán, quixeron celebralo cos seus compañeiros DIEGO e YERAY.




Aos tres, MOITÍSIMOS PARABÉNS!!!

martes, 12 de junio de 2012

JUAN CUMPRE 6 ANOS

Xa vos dixemos que este mes tiñamos moitos aniversarios. O luns foi o turno de JUAN, que nos trouxo un rico biscoito para celebrar o seu cumpreanos.

Mirade que guapo está coa súa coroa...





PARABÉNS JUAN!!!

OS XIRASOLES

Ao longo do curso, no noso Recuncho de Plástica, fomos traballando diferentes pintores. Quixemos achegarnos á arte reproducindo ao noso xeito algunhas das obras máis importantes dos autores traballados e empregando ao mesmo tempo diferentes expresións plásticas.

Hoxe rematamos a última: OS XIRASOLES de VAN GOGH. Para reproducir esta obra empregamos as acuarelas e por certo gustounos moito pintar con elas. Deixámosvos unha foto para que vexades como quedaron as nosas obras.


En poucos días farémosvos un resumo do traballo que realizamos ao longo de todo o curso.

sábado, 9 de junio de 2012

AINOA CUMPRE 6 ANOS

O fin de curso xa case está aí e con el veñen os últimos aniversarios. Na clase da profe Cris, iniciou o mes AINOA, que o pasado martes cumpreu 6 anos.

Coa súa coroa e cos seus compañeiros cantándolle o cumpreanos feliz, Ainoa soprou as candeas e celebrou así o seu aniversario con todos nós.

PARABÉNS AINOA!!!


ÚLTIMOS DÍAS

Estes días andamos moi liados preparando todo para o final de curso porque ademais para nós é especial xa que acabamos a Educación Infantil e en setembro comezaremos unha nova etapa en Primaria.

Son moitas as cousas que andamos a facer así que non temos demasiado tempo para poder actualizar o blogue en condicións e por eso vos pedimos disculpas.

Nos vindeiros días iredes vendo algunha cousa.

jueves, 31 de mayo de 2012

ANIVERSARIO DE ÁNXELA E SABELA

Hoxe na clase da profe Cris tivemos un aniversario por partida doble porque as xemelgas ÁNXELA e SABELA cumpriron xa 6 aniños.

Con elas disfrutamos deste día tan especial e demos boa conta dun riquísimo brazo de xitano recheo de crema e chocolate.

MOITOS PARABÉNS ÁS DÚAS!!!