domingo, 22 de abril de 2012

O PRIMEIRO LIBRO LIM

Durante este curso as mestras de Ed. Infantil xunto con algunha compañeira de Ed. Primaria, estamos participando nun grupo de traballo sobre EdiLim e creación de blogues de aula.

Está resultando moi interesante, sobre todo a parte de EdiLim que tanto me chamaba a atención. Por fin agora comezo a dominar esta ferramenta tan útil no desenrolo da nosa actividade docente.

Quizais este primeiro libro non vos serva de moito para poder traballar con el nas vosas aulas, xa que é como un pequeno resumo do proxecto sobre Álvaro Cunqueiro que fixeron os Merliños. De tódolos xeitos, aquí o deixo coa premisa de que este sexa o primeiro de moitos.

Desculpade os erros que tén(que son moitos), agardo que vos guste.



2 comentarios:

Ana dijo...

Cris, quedoute un lim chulísimo, dentro de nadiña xa serás toda unha experta. Unha aperta.

Ana dijo...

Cris, moi ben. Agora a seguir practicando

Publicar un comentario