Fedellando pola rede atopei uns xogos divertidos para estas épocas. Se facedes clic nas imaxes poderedes aceder a eles e pasar un bo momento.
No blogue de Blanca de Actividades para Educación Infantil atopamos este xogo para decorar a Árbore de Nadal. Con un pouco de imaxinación seguro que vos quedan unhas árbores fermosísimas.
E no blogue de Educación Infantil do CEIP Calvo Sotelo descubrimos este xogo no cal podedes vestir a un simpático boneco de neve.
Para rematar, déixovos un Libro LIM sobre o Nadal elaborado por Ana Martínez do blogue AulaTic do CEE Terra de Ferrol e ao cal chegamos grazas a Rosa de Pequespazos.