lunes, 21 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO


 
O vindeiro mércores 23 de Abril conmemórase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO. O obxectivo deste día é o fomento da lectura así que xa sabedes: A LER ESE DÍA E TODOS OS DÍAS DO ANO!
 
Ademais podedes aproveitar para pedirlles aos papás que vos merquen algún libro ou conto aproveitando que moitas librarías fan descontos nesa xornada.
 
Deixovos uns enlaces onde tamén poderedes descargar divertidos marcapáxinas para que non vos perdades nas vosas lecturas.
 
https://picasaweb.google.com/pequecarola/DiaDelLibro

https://plus.google.com/photos/106886043799881952405/albums/5444817770732913857?banner=pwa

ANIVERSARIOS

Ao longo destes meses algúns Merliños/as cumpriron anos e quixeron celebralo cos seus compañeiros.
 
 

miércoles, 2 de abril de 2014

2 DE ABRIL

Hoxe, día 2 de abril conmemorouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o Día Mundial de Concienciación do Autismo.

O primeiro deles lévase celebrando desde o ano 1967, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Cada ano un escritor representativo elabora unha mensaxe dirixida a todos os nenos. Este ano 2014 a encargada de facelo foi a escritora irlandesa Siobhán Parkinson.

O Día Mundial de Concienciación do Autismo, ten a finalidade de dar a coñecer a necesidade de axudar a mellorar as condicións de vida dos nenos e adultos que sofren este trastorno. E por eso hoxe todos nos pintamos de azul.




 

domingo, 16 de marzo de 2014

XA ESTAMOS AQUÍ

Preséntovos aos novos Merliños/as. Mirade ben para eles, serán os protagonistas durante bastante tempo e con eles vamos aprender un montón de cousas.
 
BENVIDOS A TODOS/AS!!!
 
 

miércoles, 5 de febrero de 2014

EN BREVES... VOLTAMOS!!!

Pois si, en breves por aquí andaremos de novo compartindo con vós novas aventuras, novos coñecementos, novas actividades e sobre todo con NOVOS MERLIÑOS E MERLIÑAS.
 
Agardo que nuns días vos poida presentar aos nosos protagonistas. Estade atentos, non vos perdades nada!!!

viernes, 9 de noviembre de 2012

PREPARANDO O MAGOSTO

Nesta época do ano en moitos lugares de Galicia celébranse os MAGOSTOS. Esta festa, de orixe pagá, lévase a cabo desde fai moitísimos anos ao longo dos cales o seu significando foi variando.


Esta festa foi relacionada coa fecundidade,tamén cos santos e defuntos... e sempre tivo un carácter alegre homenaxeando aos castiñeiros e ás castañas.


O lume, como símbolo do sol, e as castañas son dous dos elementos principais desta festa. No noso cole tamén imos celebrar o Magosto.

Farémolo o vindeiro venres 16 de novembro, e por eso andamos preparando as nosas cestiñas e adornando as aulas e os corredores do centro con cousas relacionadas con esta festa. E para que traballedes moitísimo, déixovos todos estes recursos:


Un libro LIM sobre a figura da castañeira:






E para mover un pouco o corpo:

domingo, 28 de octubre de 2012

SAMAIN

Nestes días estamos xa a pensar no Samaín e andamos a facer cousiñas para decorar as nosas aulas e os corredores do noso ciclo. Nuns días ensinarémosvos o que temos preparado para celebrar esta festa.


E para que mentres non vos aburrades imos deixarvos uns enlaces para que poidades traballar o Samaín.


Da man de Ana e o seu blog AulaTic, chéganos este libro LIM sobre o Samaín e feito ademais en diferentes idiomas. Ademais deste LIM tamén podedes atopar outros recursos interesantes.





Déixovos tamén esta canción de Mamá Cabra moi boa para estes días.




Outros enlaces interesantes:

Web de Norberto: recursos.

*  https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/: información e recursos.

* http://www.juegaspeque.com/: algúns xogos.