miércoles, 7 de marzo de 2012

UN ANO MÁIS

Xa está aquí de novo a convocatoria dos premios Espiral de Edublogs e nós voltamos a participar. O premio é o de menos, o importante é dar a coñecer a nosa bitácora e todo o que nela amosamos.

Deste xeito compartimos as nosas experiencias con outros mestres e outros nenos/as de moitos coles e de moitos lugares, incluso de fóra das nosas fronteiras.

Agora só queda esperar, pero mentras vós tedes un traballiño que facer: deixar os vosos comentarios de apoio!!! Para facelo só tedes que facer clic na imaxe dos premios que está na columna da dereita e así xa iredes á páxina do premios na cal debedes de deixar os vosos comentarios. Esperamos ter moitos!!!!



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Mañá é 8 de marzo e conmemórase o Día Internacional da Muller. Os Merliños adicaremos a xornada da mañá para traballar cousiñas relacionadas cunha educación baseada na igualdade entre sexos.

Algún dos recursos que empregaremos mañá será o libro Lim elaborado por Ana, de AulaTic. Nel trabállase partindo dun poema de Carmen Gil e conta con variadas e divertidas actividades. Se vós tamén queredes desfrutar deste libro Lim facede clic neste enlace: http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com/.



martes, 6 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE LUCÍA

Hoxe estivo de aniversario a nosa compañeira LUCÍA e celebrouno cos seus compañeiros e coa súa profe Begoña cunha rica torta.

Xa temos outra merliña máis que se une ao clube dos 6 anos, todos se van facendo maiores...

PARABÉNS LUCÍA!!!



domingo, 4 de marzo de 2012

NOVO PROXECTO




Xa rematamos o proxecto de Álvaro Cunqueiro e como non podemos estarnos quedos xa empezamos a pensar no seguinte proxecto.

Comezarémolo en breves, polo de agora estamos agardando material para poder montar os nosos recantos e empezar a traballar xa no novo tema.

Esta vez imos a traballar OS NÚMEROS, algo tan presente na nosa vida e con significados moi variados. Pouco a pouco iremos descubrindo a existencia dos números en cousas que nunca imaxinamos.

Nuns días poderedes ver xa os nosos recantos con todo aquelo que traiamos das nosas casas.

miércoles, 29 de febrero de 2012

PARA SEGUIR TRABALLANDO

Déixovos un xogo moi entretido para que poidades practicar desde a casa as letras que imos traballando. Dicir que o xogo atopeino na páxina web da Xunta de Andalucía.  Facede clic na imaxe e... a desfrutar aprendendo!!!




E tamén vos deixo outro libro LIM que conta con actividades diversas e para as idades de 3, 4 e 5 anos e que nos chega desde a Escola de Casalonga.




VOLTA Á NORMALIDADE

Parece que despois de tanta festa entroideira, por fin os Merliñ@s voltamos á normalidade gardando xa os nosos disfraces e as nosas máscaras para darlle o último tirón a este trimestre que xa logo remata.

Pero antes queremos ensinarvos o ben que o pasamos preparando a chegada do Entroido ás nosas aulas e vivindo a festa. Nos días previos démoslles ás nosas aulas e aos corredores de Infantil un ambiente moi carnavaleiro con estes orixinais antifaces.








Tamén elaboramos unhas máscaras moi orixinais e simpáticas, a ver se adiviñades quen está detrás de cada unha delas...



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free picture slideshow

viernes, 10 de febrero de 2012

CHEGA O ENTROIDO

O Entroido está a piques de facer acto de presenza nas nosas vilas e tamén en Mondoñedo. Os Merliñ@s xa andan a pensar nos seus disfraces e para que sigan quentando motores aquí vos deixo uns enlaces nos cales podedes atopar recursos para traballar o Entroido desde as vosas casas.

Espero que vos gusten e lles sacades proveito. Para rematar un pouquiño de música...