domingo, 25 de septiembre de 2011

XA ESTAMOS EN OUTONO!!!

Pois si, xa estamos en outono aínda que non o pareza xa que estamos tendo un tempo espectacular, moito mellor do que tivemos durante os meses de verán.

A partir de agora as paisaxes comezarán a cambiar de cores. Amarelas, marróns, vermellas... serán as cores predominantes no noso entorno. Caerán as follas das árbores, os días son máis curtos, algunhas aves emigran a lugares máis cálidos, é o tempo de vendimiar, de comer froitos secos, de empezar a usar o paraugas, o chuvasqueiro, as botas...

E para que vaiades entrando en materia déixovos uns xogos que atopei na rede. Facendo clic nas imaxes acederedes a eles.



Espero que vos gusten...

sábado, 24 de septiembre de 2011

PRIMEIRO ANIVERSARIOS

Estes primeiros días curso celebramos os tamén primeiros aniversarios do mesmo. ANTONIO e IRIA estrearon a rolda de cumpreanos. Eles cumpriron 5 anos e compartiron cos seus compañeiros/as un rico biscoito.

PARABÉNS AOS DOUS!!!





HORARIO

Déixovos aquí os horarios das dúas aulas. Como podedes ver os LUNS imos ter PSICOMOTRICIDADE polo que ese día é convinte traer chándal e calzado deportivo.

MERLIÑ@S DA PROFE CRIS



MERLIÑ@S DA PROFE BEGO

domingo, 11 de septiembre de 2011

UN NOVO CURSO

Bueno Merliñ@s o martes 13 de setembro volvemos ás aulas para dar comezo a un novo curso. Un novo curso especial para vós xa que nel seredes os "maiores" de Infantil e nel daredes por rematada unha das etapas máis importantes da vosa escolarización.

Lembrade que o horario de setembro é de 9:20 h. a 14:05 h. así que xa sabedes o luns a deitarse cediño para vir ben espertos ao voso primeiro día de curso.

E mentras non chega o martes, disfrutade das festas todo o que poidades.

martes, 6 de septiembre de 2011

REUNIÓN COS PAIS E NAIS

O vindeiro VENRES 8 DE SETEMBRO, ás 11:00 horas, teremos unha reunión para tratar diferentes aspectos a ter en conta para o inicio de curso.

Aproveito tamén para darlle a benvida a Begoña, que vai a ser a nova titora dos Merliños/as de 4 anos B e á cal lle desexamos moita sorte esperando que esté moi a gusto con nós.

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more

miércoles, 27 de julio de 2011

ATA OUTRA PROFE LUCIA

Con moita tristura temos que despedir á profe Lucía xa que o curso que vén xa non estará con nós. Desde aquí desexámoslle moitísima sorte e emprazámola para que nos veña a visitar en canto poida.

Moitos bicos de tod@s @s MERLIÑ@S

lunes, 25 de julio de 2011

DESCULPAS

Unha vez actualizado o blogue, quero pedirvos desculpas por facelo tan tarde. Os primeiros días de vacacións adiqueinos a descansar e despois as novas tecnoloxías xogáronme una mala pasada, estropeándoseme o ordenador. Menos mal que me poideron recuperar todas as fotos do curso!!!

Pero bueno, como dí o refrán máis vale tarde que nunca e agora xa tedes aquí as últimas actividades do curso. Espero que esteñades pasando unhas boas vacacións e que as estedes desfrutando ao máximo a pesar de que o tempo non nos está acompañando demasiado.

Aproveitade que cada vez queda menos para comezar un novo curso. Biquiños Merliños!!!