lunes, 2 de mayo de 2011

TVG

Como xa sabedes, hoxe viñeron a gravarnos un equipo da TVG. Esta gravación vai a formar parte dun programa especial que se emitirá con motivo das Letras Galegas.

Nesto van a participar outros colexios e a todos nos une a mesma cousa: o nome dos nosos centros é o nome dun escritor.

No noso caso ademais aproveitamos que neste ano 2011 se celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora, escritor que dá nome ao noso centro.

Aínda non sabemos cando imos a sair na tele. O que si sabemos é que vai a ser no programa titulado VIVIR AQUÍ e que probablemente a emisión do noso video sexa os días previos ou posteriores ao 17 de Maio, Día das Letras Galegas, ou mesmo ese día. Xa vos diremos a data exacta.

Desde aquí queremos darlle as grazas ao equipo da TVG que veu: a Quico, a Fran e a Montse.

IKER E PAULA

A semana pasada volvimos a estar de aniversarios, esta vez foron IKER e PAULA os que cumpriron 5 aniños.

Cada un trouxo un rico biscoito que compartiron cos seus compañeiros os cales lles cantaron moi ben o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS PARA OS DOUS!!!




lunes, 25 de abril de 2011

A BÚSQUEDA DO TESOURO

O proxecto dos PIRATAS chegou ao seu fin e para rematalo fixémolo dunha forma moi divertida: BUSCANDO UN TESOURO!!!

O venres 15 de abril pola tarde e aproveitando o bo tempo que tiñamos ese día en Mondoñedo, as nosas profes propuxéronnos sair ao patio e todos xuntos buscar o tesouro que estaba agochado.

Para que nos fose máis fácil, Lucía e Cris, déronnos un mapa o cal nos axudou a localizar o tan ansiado tesouro. Para chegar a el tivemos que facer un pequeno recorrido que nos levou nin máis nin menos que ao areeiro. Era alí onde estaba o "X" que nos indicaba a situación do tesouro.

Como iamos provistos de pás puxémonos a quitar area e... TESOURO ATOPADO!!! Cando o abrimos levamos unha gran sorpresa: o cofre estaba cheo de moedas de chocolate e outras lambetadas que desgustamos ao aire libre e disfrutando do sol.



ANIVERSARIO DE SERGIO

SERGIO tamén se une ao clube dos 5 anos. O pasado venres día 8 de abril celebrou cos seus compañeiros o seu aniversario e convidounos a un rico biscoito.

PARABÉNS SERGIO!!!



lunes, 4 de abril de 2011

BINGO DE LETRAS

A verdade é que o venres foi un día moi completo. Pola mañá títeres e pola tarde as nosas profes tíñannos unha sorpresa: ÍAMOS FACER UN XOGO!!! Ahhhhhhhhhh, e con premio eh!!

O xogo baseábase no coñecido xogo do bingo aínda que con algunha modificación. Non tiñamos boliñas, nin números pero si tiñamos uns cartóns con letras e as nosas profes ían dicindo os sons dalgunhas letras. Así nós tiñamos que adiviñar de que letra se trataba, buscala e riscala.

Ao final do xogo as profes déronnos uns caramelos que estaban riquísimos...

A través deste xogo traballamos un montón de cousas como a discriminación auditiva dos fonemas, o recoñecemento das letras ou a atención. Como nos gustou moito, as profes prometeron vovel a xogar outro día... cando será???

VIAXE NO MAR

O venres pola mañá, disfrutando do bo tempo que tiñamos en Mondoñedo, fomos á Casa da Xuventude para poder disfrutar dunha sesión de títeres con Antonio Ton. A obra tiña por nome "Viaxe no Mar" e pasámolo moi ben coas aventuras das súas persoaxes sobre todo co mariñeiro Pepe que era moi simpático.





miércoles, 30 de marzo de 2011

ANIVERSARIO DE EVA

O luns estivo de aniversario a nosa compañeira EVA. Como podedes ver na foto, trouxo un rico biscoito para compartir cos seus compañeiros este día tan especial.

Por suposto non faltaron nin a coroa, nin as candeas nin o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS EVA!!!