lunes, 25 de abril de 2011

A BÚSQUEDA DO TESOURO

O proxecto dos PIRATAS chegou ao seu fin e para rematalo fixémolo dunha forma moi divertida: BUSCANDO UN TESOURO!!!

O venres 15 de abril pola tarde e aproveitando o bo tempo que tiñamos ese día en Mondoñedo, as nosas profes propuxéronnos sair ao patio e todos xuntos buscar o tesouro que estaba agochado.

Para que nos fose máis fácil, Lucía e Cris, déronnos un mapa o cal nos axudou a localizar o tan ansiado tesouro. Para chegar a el tivemos que facer un pequeno recorrido que nos levou nin máis nin menos que ao areeiro. Era alí onde estaba o "X" que nos indicaba a situación do tesouro.

Como iamos provistos de pás puxémonos a quitar area e... TESOURO ATOPADO!!! Cando o abrimos levamos unha gran sorpresa: o cofre estaba cheo de moedas de chocolate e outras lambetadas que desgustamos ao aire libre e disfrutando do sol.



ANIVERSARIO DE SERGIO

SERGIO tamén se une ao clube dos 5 anos. O pasado venres día 8 de abril celebrou cos seus compañeiros o seu aniversario e convidounos a un rico biscoito.

PARABÉNS SERGIO!!!



lunes, 4 de abril de 2011

BINGO DE LETRAS

A verdade é que o venres foi un día moi completo. Pola mañá títeres e pola tarde as nosas profes tíñannos unha sorpresa: ÍAMOS FACER UN XOGO!!! Ahhhhhhhhhh, e con premio eh!!

O xogo baseábase no coñecido xogo do bingo aínda que con algunha modificación. Non tiñamos boliñas, nin números pero si tiñamos uns cartóns con letras e as nosas profes ían dicindo os sons dalgunhas letras. Así nós tiñamos que adiviñar de que letra se trataba, buscala e riscala.

Ao final do xogo as profes déronnos uns caramelos que estaban riquísimos...

A través deste xogo traballamos un montón de cousas como a discriminación auditiva dos fonemas, o recoñecemento das letras ou a atención. Como nos gustou moito, as profes prometeron vovel a xogar outro día... cando será???

VIAXE NO MAR

O venres pola mañá, disfrutando do bo tempo que tiñamos en Mondoñedo, fomos á Casa da Xuventude para poder disfrutar dunha sesión de títeres con Antonio Ton. A obra tiña por nome "Viaxe no Mar" e pasámolo moi ben coas aventuras das súas persoaxes sobre todo co mariñeiro Pepe que era moi simpático.





miércoles, 30 de marzo de 2011

ANIVERSARIO DE EVA

O luns estivo de aniversario a nosa compañeira EVA. Como podedes ver na foto, trouxo un rico biscoito para compartir cos seus compañeiros este día tan especial.

Por suposto non faltaron nin a coroa, nin as candeas nin o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS EVA!!!


lunes, 21 de marzo de 2011

A QUE SABE A LÚA?

Os xoves a última hora da tarde, os Merliños imos ao Encerado Dixital Interactivo(EDI) xunto coas nosas mestras Lucía e Cris.

É unha actividade que nos gusta moito xa que no EDI podemos facer un montón de cousas desde escribir, pintar, facer puzzles... ata poder visionar un video. 

O xoves pasado fixemos algo novo. Escoitamos e vimos un conto grazas ás actividades LIM. Neste caso, esta actividade do conto A QUE SABE A LÚA? da editorial Kalandraka, debémoslla ás profes Ana Martínez e Rosa Grille do CEIP de Pazos(Ferrol).

Primeiro vimos e escoitamos o conto con moitísima atención e despois fixemos as actividades e os xogos entre todos. Se facedes clic na foto poderedes ver o atentos que estabamos e o ben que o pasamos.

domingo, 13 de marzo de 2011

GRAZAS

Con todo este lío do Entroido non me dera conta de que... XA PASAMOS AS 2.000 VISITAS!!!

Así que creo que é de ben nacidos ser agradecidos, e por iso vos quero dar as grazas a tod@s polas vosas visitas, polos vosos comentarios e polo voso apoio.

É certo que esto non require demasiado traballo, pero si roubarlle ao meu tempo de ocio un espazo para poder manter actualizado o blogue. Por iso saber que alguén entra, le e encima nos deixa algún comentario, é unha gran satisfación para min.

Eu seguirei traballando nesto así que espero que vós continuedes comigo.



Glitter Photos
[Glitterfy.com - *Glitter Photos*]