jueves, 10 de febrero de 2011

PARABÉNS AROA!!!

Hoxe os Merliñ@s da profe Cris estiveron de aniversario. AROA estreou os aniversarios do ano e como non podía ser de outro xetio fíxoo cun rico biscoito, con coroa e rodeada dos seus compañeir@s.

UNHA DE PIRATAS

Cada día chegan novas cousas aos Recantos do Proxecto e as nosas aulas vanse convertindo en auténticos escenarios piratas. Cofres con tesouros, libros, DVD's, mapas, espadas, barcos, parches, anteollos... forman parte xa do noso espazo e así están quedando os Recantos Pirata.




Unha das cousas que chegou á clase da profe Lucía foi un puzzle pirata e sen dubidalo os Merliñ@s puxéronse mans á obra para poder facelo. Así de contentos estaban despois de ver o resultado.




E como mostra desta transformación pirata déixovos esta foto que fala por si soa.



lunes, 7 de febrero de 2011

RECICLAMOS

Fai xa uns meses que os Merliñ@s quixemos concienciarnos co coidado do noso medio ambiente e quixemos aportar o noso gran de area reciclando o lixo que producimos nas nosas aulas.

Para iso as nosas profes puxéronnos nas aulas unhas caixas. Unha de cor AMARELO na cal temos que tirar os plásticos, bricks dos zumes, envases de iogures...; e a outra de cor AZUL na cal tiramos os papeis e cartóns. Os restos orgánicos tirámolos na papeleira: as mondas das mandarinas, as miguiñas do pan, as pelas dos plátanos...

Hoxe pola tarde aproveitamos o bo tempo para ir botar todo este lixo aos contedores que temos no colexio. Así que acompañados das nosas mestras e provistos das nosas caixas fixemos unha seleción do lixo tirando cada cousa no seu correspondente contedor.

Ahhhhhhhhhhhhh, e tamén descubrimos que os colectores dos restos orgánicos son de cor VERDE!!!


lunes, 31 de enero de 2011

PROXECTO "OS PIRATAS"

Despois de que Pascuala nos pedise axuda para descubrir cousas dos Piratas, os Merliños e as Merliñas están traendo ás aulas moitas cousas: barcos, tesouros, mapas... Agardamos que sexan moitas cousas máis as que aportedes entre todos/as para así poder establecer nas aulas os Recantos do Proxecto.


domingo, 30 de enero de 2011

DIA DA PAZ

O pasado venres celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Ao longo da semana estivemos preparando moitas cousas para ese día ademais de falar sobre a Paz e sobre o seu significado.

Unha das cousas que fixemos foron as bandeiras de algúns dos países de Europa. Cada ciclo fixo as bandeiras dun continente e aos nenos e nenas de Infantil tocounos facer as bandeiras dos países do nosos continente. Esas bandeiras rodearon unha gran pomba que colgamos no patio, simbolizando así a unión de todo o mundo ante a PAZ.

Ademais no ciclo de Infantil, elaboramos unhas cadeas cunhas siluetas humanas e que colocamos ao redor da árbore que temos no corredor das nosas aulas. E fixemos uns medallóns que nos quedaron fermosísimos.

Tamén nesta semana, Merliño, a mascota da biblioteca, pideunos que escribísemos mensaxes sobre a PAZ e que os fósemos depositando no seu gran libro.

Xa o venres, despois do recreo, xúntamonos tod@s no patio cuberto. Alí os nosos compañeiros de 5 anos e de Primaria leron unhas mensaxes. A nós gustounos moito unha: "Arriba a PAZ, abaixo a guerra". Despois cantamos a canción "Un millón de amigos" de Roberto Carlos. E por último tiñamos dúas grandes piñatas que unha vez que as logramos abrir descubrimos que contiñan papeliños de cores e as mensaxes que Merliño nos mandara facer. Cada neno/a colleu unha mensaxe para depositala na pomba.

Foi unha xornada intensa chea de bos propósitos para a Paz. Agardamos que eses propósitos se fagan realidade e presentes durante todos os días do ano.

miércoles, 26 de enero de 2011

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Aínda que o Día da Paz é o vindeiro domingo 30 de Xaneiro, no cole xa andamos preparando todo para a súa celebración que vai a ser o venres despois do recreo.

Ao longo destes días iremos poñéndovos todo o que estamos a facer, e para comezar deixámosvos esta canción que será a que cantemos o venres.

martes, 18 de enero de 2011

O COELLIÑO BRANCO


Nestes días estamos a traballar o conto O Coelliño Branco, da editorial Kalandraka e que é unha adaptación dun conto popular portugués feita por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán.

Nos vindeiros días mostrarémosvos o pequeno dosier que estamos a facer sobre o conto.