Aínda que cun pouco de retraso, aquí vos deixamos a foto do cumpreanos de LUIS que, aínda que foi en plenas vacacións de Semana Santa, quixo celebralo igual con todos nós á volta das mesmas.
Outro Merliño que se nos fai maior e que cumpre 5 anos. Hoxe tocoulle a JAVIER, que decorou con moito entusiasmo a súa coroa e comparteu cos seus compañeiros un rico biscoito cheo de figuriñas de chocolate.
Para conmemorar os Días da Árbore e da Auga, a Deputación Provincial de Lugo reparteu nos centro da provincias Acivros para que o día 19 de marzo fosen plantados todos e á mesma hora, ás 12:00 h.
Nós, no noso cole, tamén plantamos o noso Acivro ao cal lle puxemos o nome de "RAMITAS", nome que saeu da clase de 6º de Ed. Infantil. Despois de plántalo regámolo por primeira vez.
LAURA xa ten 5 anos. Cumpríaos o día 20 de marzo pero como ese día non tiñamos cole, celebrámolo o día antes.
Comimos un biscoito riquísimo, que traía unha decoración moi chula: Peppa Pig!!! Pasámolo todos moi ben e sobre todo Laura que luceu a súa coroa con moito orgullo.
Aínda que en realidade o seu aniversario é mañá, MATEO quixo celebralo hoxe cos seus compañeiros e por eso trouxo un rico biscoito moi decorado cunha morea de lambetadas.
O pasado luns a primeiro hora da mañá tivemos una sesión de contacontos, por xentileza da Editorial Xerais.
Iago López foi o encargado de contarnos o conto titulado "Augusta e os seus medos" que trataba dunha nena que tiña moitísimos medos: a voar, aos avión, aos outros nenos e nenas... Un día, cansa de ter tanto medo, pediulles axuda a seus país e a partir de aí terá que pasar una serie de probas para darse conta de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles.
Despois dunhas semanas moi atarefados preparando todo para o Entroido, por fin vos deixamos unas fotos para que vexades que ben o pasamos durante eses días.
Tuvemos de todo: ordes do meco Don Horacio, festa de disfraces, queima do Entroido...
E por suposto, ollade ben o noso disfraz de PIRATA, non nos faltaba detalle! Ata levabamos un LORO!!!
As imaxes publicadas neste blogue teñen fins educativos. Se algunha delas conta con dereitos de autor, facédenolo saber para poder retiralas. GRAZAS.
OS MERLIÑ@S FALAN...
YERAY: á volta das vacacións, dille á profe Lucía, "eu estesdías atrás non vin porque estiven enfermo". Menuda sincronización para enfermar porque os demais tampouco fomos, jajajajaja...
LUCAS LÓPEZ: a profe Lucía preguntou cales eran os días da semana ao que Lucas respondeu: "Pués son el lunes, el martes, el sábado y el domingo que es festivo eh!!!" Nótase que o domingo é o día de descanso por excelencia.
ÁNXELA: sendo a encargada do día, e realizando as tarefas na asemblea, cando lle tocou poñer o tempo atmosférico dixo, despois de mirar pola ventá, e sen ningún tipo de dúbida: "Xeada, hoxe fai xeada". E a verdade é que razón non lle faltaba porque a xeada era boa, mágoa que non teñamos o seu símbolo...
DIEGO: lendo coa súa profe olvidouse dunha letra e ante a pregunta da profe de se non se acordaba de que letra era, el respondeu: "Profe, xa sabes que son moi olvidadizo"... Boa maneira de sair do paso.