miércoles, 14 de diciembre de 2011

CANTO FALTA PARA NADAL?

Os Merliños andamos contando os días que faltan para que o Nadal dé comezo. Levámolo facendo desde que comezou o mes de decembro e para facelo dun xeito máis divertido as nosas profes mercáronnos uns calendarios que traen SORPESAAAA!!!

Cada día o encargado abre a ventá correspondente e colle a sorpresa que se agocha detrás dela. Mirade ben as fotos dos encargados de onte e así saberedes que sorpresa teñen as ventás...




Pois si, esta é a sorpresa coa que cada día se atopan os nosos Merliños, unha chocolatina. E non vexades que ben senta comezar o día dunha forma taaaaaaannn doceeee!!!

viernes, 9 de diciembre de 2011

UNS XOGOS DE NADAL PARA DIVERTIRSE

Fedellando pola rede atopei uns xogos divertidos para estas épocas. Se facedes clic nas imaxes poderedes aceder a eles e pasar un bo momento.

No blogue de Blanca de Actividades para Educación Infantil atopamos este xogo para decorar a Árbore de Nadal. Con un pouco de imaxinación seguro que vos quedan unhas árbores fermosísimas.


E no blogue de Educación Infantil do CEIP Calvo Sotelo descubrimos este xogo no cal podedes vestir a un simpático boneco de neve.


Para rematar, déixovos un Libro LIM sobre o Nadal elaborado por Ana Martínez do blogue AulaTic do CEE Terra de Ferrol e ao cal chegamos grazas a Rosa de Pequespazos.



PREPARANDO O NADAL

Ola amiguiños!

Os Merliños/as andamos estes días moi atarefados coa chegada do Nadal. Cada vez quedan menos días para que dén comezo estas datas tan ilusionantes para nós.

Todos xa andamos a pensar nos agasallos de Papá Noel e dos Reis Magos pero tamén nos gustan moito todas as cousas que rodean estas festas: panxoliñas, a árbore, os adornos...

Nós estamos a vestir as nosas aulas para a ocasión e entre traballo e traballo escoitamos as primeiras panxoliñas. Unha das que máis nos gusta é esta, esperamos que a vós tamén vos guste...


Pero tamén nos gusta moito oir panxoliñas en galego:



Nos vindeiros días irémosvos amosando as cousas que andamos a facer así que... ESTADE BEN ATENTOS!!!

jueves, 1 de diciembre de 2011

LAURA CUMPRE 5 ANIÑOS

Fai uns días a nosa compañeira LAURA cumpriu os 5 anos. Xunto cos seus compañeiros celebrou o seu aniversario, no cal non falto a coroa, a torta e o "Cumpreanos Feliz".

PARABÉNS LAURA!!!


martes, 15 de noviembre de 2011

PROXECTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO

Fai xa un tempo ás nosas aulas chegou unha carta da Rá Pascuala na cal nos pedía que investigasemos sobre Álvaro Cunqueiro Mora.

Desde ese momento foron chegando ás aulas diversa información recollida de internet, de libros... Con todo o que as familias aportaron establecimos os Recunchos do Proxecto, nos cales podemos observar todo o que trouxeron os Merliños.

A verdade é que o proxecto estivo algo paralizado, xa que outros traballos impediron que lle poidesemos adicar tempo. Pero por fin agora parece que vai avanzando así que en breves iredes sabendo máis cousas do noso traballo. Polo de agora deixámosvos unhas fotos dos nosos recunchos.





GUISEPPE ARCIMBOLDO

Este curso, na clase da profe Cris, volvemos a ter un Recuncho de Plástica e nel imos a traballar diferentes artistas así como algunhas das súas obras.

O primeiro en ser traballado foi GUISEPPE ARCIMBOLDO e a obra traballada foi O OUTONO, aproveitando así que nos atopamos nesta estación. A este pintor gustáballe realizar retratos empregando froitas e hortalizas propias de cada estación.

Así que nós quixemos facer os nosos particulares "Outonos" partindo dunha idea atopada en dous dos nosos blogues amigos: Cole de Colores da profe Marta e El Blog Encantado da profe Gemi.

Antes de traballar a obra, falamos un pouco de Arcimboldo e vimos algúns dos datos máis importantes da súa biografía. Despois coloreamos diferentes froitos do outono, recortámolos e pegámolos sobre as nosos perfís.

A actividade encantounos e sobre todo o resultado que como podedes ver é fantástico. Desde aquí dámoslles as grazas a Marta e a Gemi por compartir con nós as súas experiencias xa que grazas a elas podemos nós levalas tamén a cabo e descubrir cousas novas.


ANIVERSARIOS

Estes días os Merliños da profe Begoña están a celebrar moitos aniversarios. Cada vez xa quedan menos nenos/as para pasar ao clube dos 5 anos.

Fai uns días tocoulle a NURIA, que como vedes está guapísima coa súa coroa e coa torta que trouxo para compartir cos seus compañeiros.


Hoxe foi o turno de LUIS. El e os demais deron boa conta dunha rica tarta de Bob Esponja!!!


Desde aquí felicitamos aos dous, PARABÉNS MERLIÑOS!!!