sábado, 15 de octubre de 2011

CUMPREANOS FELIZ...

Nesta semana dous dos Merliños cumpriron os 5 anos. O primeiro en cumprilos foi MÁXIMO, que o fixo o martes e nos trouxo unha espectacular torta decorada con motivos da película Río.



O venres foi o turno de CRIS que tamén compartiu cos seus compañeir@s unha riquísima torta elaborada por seu pai según nos contou ela.



Os dous Merliños, disfrutaron moito da celebración do seu aniversario xunto cos seus compañeiros, sopraron as candeas e luciron as súas coroas.


PARABÉNS AOS DOUS!!!

domingo, 2 de octubre de 2011

NOVO HORARIO

A partir de mañá, 3 de outubro, temos novo horario empezando a xornada partida.

MAÑÁ

9:00 h. a 12:55 h.

TARDE

14:45 h. a 16:15 h.
agás os LUNS: 15:00 h. a 16:30 h.


As TITORÍAS seguirán sendo os LUNS de 16:30 a 17:30 h.

lunes, 26 de septiembre de 2011

E SEGUIMOS CUMPRINDO ANOS...

Despois dos primeiros aniversarios, hoxe tocoulles o turno a SARA e SANDRA que cumpriron 5 aniños. Para festexalo trouxeron un biscoito riquísimo e moi ben decorado cunhas figuriñas de chocolate.

PARABÉNS ÁS DÚAS!!!


domingo, 25 de septiembre de 2011

XA ESTAMOS EN OUTONO!!!

Pois si, xa estamos en outono aínda que non o pareza xa que estamos tendo un tempo espectacular, moito mellor do que tivemos durante os meses de verán.

A partir de agora as paisaxes comezarán a cambiar de cores. Amarelas, marróns, vermellas... serán as cores predominantes no noso entorno. Caerán as follas das árbores, os días son máis curtos, algunhas aves emigran a lugares máis cálidos, é o tempo de vendimiar, de comer froitos secos, de empezar a usar o paraugas, o chuvasqueiro, as botas...

E para que vaiades entrando en materia déixovos uns xogos que atopei na rede. Facendo clic nas imaxes acederedes a eles.



Espero que vos gusten...

sábado, 24 de septiembre de 2011

PRIMEIRO ANIVERSARIOS

Estes primeiros días curso celebramos os tamén primeiros aniversarios do mesmo. ANTONIO e IRIA estrearon a rolda de cumpreanos. Eles cumpriron 5 anos e compartiron cos seus compañeiros/as un rico biscoito.

PARABÉNS AOS DOUS!!!





HORARIO

Déixovos aquí os horarios das dúas aulas. Como podedes ver os LUNS imos ter PSICOMOTRICIDADE polo que ese día é convinte traer chándal e calzado deportivo.

MERLIÑ@S DA PROFE CRIS



MERLIÑ@S DA PROFE BEGO

domingo, 11 de septiembre de 2011

UN NOVO CURSO

Bueno Merliñ@s o martes 13 de setembro volvemos ás aulas para dar comezo a un novo curso. Un novo curso especial para vós xa que nel seredes os "maiores" de Infantil e nel daredes por rematada unha das etapas máis importantes da vosa escolarización.

Lembrade que o horario de setembro é de 9:20 h. a 14:05 h. así que xa sabedes o luns a deitarse cediño para vir ben espertos ao voso primeiro día de curso.

E mentras non chega o martes, disfrutade das festas todo o que poidades.