domingo, 13 de marzo de 2011

CAPITÁN PIRATA

Recordando os meus tempos de nena, lembrei unha canción de Barrio Sésamo, interpretada por Espinete xunto co seu inseparable amigo Don Pimpón. Aquí vos deixo o video para que sigamos disfrutando das nosas aventuras piratas.


jueves, 10 de marzo de 2011

OS PIRATAS DO CUNQUEIRO

Por fin, o pasado venres poidemos disfrutar dos nosos disfraces de PIRATAS. Despois de varios días preparando todo con moita ilusión, o venres 4 poidemos sair ás rúas de Mondoñedo para ensinarlle a todo o mundo o guap@s que iamos.

Non nos faltaba ningún detalle: parche, pano na cabeza, espada... Todo para convertirnos por unhas horas nuns temibles piratas.

Pero nós non fomos os únicos que nos disfrazamos. Os nosos compañeiros de 3 anos ían de Indios e os de   5 anos de Animais. Nos cursos de Primaria houbo para todos os gustos: disfraces libres, mariñeiros, doncellas, guardias de tráfico...

E despois dun bo cocido, a festa seguiu con música e coa queima do Antroido. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día.



jueves, 3 de marzo de 2011

PREPARANDO O DISFRACE...

Ao longo desta semana estivemos preparando cousas para o disfrace que imos a estrear na festa de mañá. Entre outras cousas, pintamos as nosas espadas piratas...






MANDADIÑO

Como xa sabedes esta semana, co motivo do Entroido, tivemos o Mandadiño que nos ía dicindo cada día o que tiñamos que levar. Ademais este ano foi acumulativo, é dicir, cada día tiñamos que traer o de ese día xunto co que xa trouxéramos os días anteriores.

Hoxe chegou ao seu fin, porque mañá toca celebrar o Entroido cos nosos disfraces. E hoxe poidemos comprobar a transformación que fomos sufrindo durante toda a semana e así os nenos acabaron convertidos en nenas e as nenas en nenos. Desta forma cambiamos os roles por uns días dunha forma moi pero que moi divertida. Observade como acabamos hoxe...

ANIVERSARIO DE LUCÍA

Hoxe a nosa compañeira LUCÍA estivo de aniversario e cumpriu 5 aniños, como mendran os nosos Merliñ@s!!!

Para celebralo trouxo ao cole unha torta que estaba boísima e os seus compañeiros estiveron con ela cantándolle o Cumpreanos Feliz e axudándolle a soprar as candeas.

PARABÉNS LUCÍA!!!



martes, 1 de marzo de 2011

E PARA O MÉRCORES...













NENOS: BEIZOS PINTADOS

NENAS: BIGOTE





lunes, 28 de febrero de 2011

2ª ORDE DO MANDADIÑO



PARA O MARTES TEMOS QUE TRAER...

NENOS: CHAQUETA DE MULLER

NENAS: CHAQUETA DE HOME


E LEMBRADE QUE XUNTO COA CHAQUETA HAI QUE TRAER TAMÉN OS PANOS E AS GRAVATAS.