E seguimos recompilando recursos para estas datas previas ao Nadal e que tamén vos servirán para empregar durante as vacacións.
Nesta páxina atoparedes un montón de xogos, puzzles, debuxos para colorear de temática navideña. Se facedes clic na imaxe acederedes a ela.
E se queredes un conto adaptado ás datas queda máis que recomendado "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Un conto da Editorial Kalandraka creado por Chema Heras (Ávila, 1957) e ilustrado por Kiko Dasilva (Vigo, 1979). Nel poderemos achegarnos á visión que un neno pode ter sobre o Nadal.