Fai xa uns días apareceron nas nosas aulas unhas caixas que causaron un gran interese en nós. Era a CAIXA DE PASCUALA e nela tiñamos unha carta da nosa mascota así coma un mantel e uns folios de cores para que nós fixésemos o noso propio mantel para as merendas.
Pascuala tamén nos dicía na carta que á hora da merendar debemos seguir unha serie de normas:
Sentarnos ben e estar pretiño da mesa
Tirar os desperdicios á papeleira
Deixar o noso sitio limpo e recollido
Esperar aos compañeiros/as que aínda non remataron
De seguro que con estes manteis que fixemos, esas normas serán máis fáciles de cumprir. Mirade como quedaron...
E xa nos esquecíamos, Pascuala díxonos que nos vai a deixar moitas cousas nesa caixa así que agora miramos todolos días non vaia ser o demo...