O mércores tivemos unha gran sorpresa: PAPÁ NOEL FÍXONOS UNHA VISITA!!!
Foi algo inesperado e as nosas caras de asomo dicíano todo. Algúns dos merliños déronlle a Papá Noel as cartas que lle escribiran e el deixounos uns caramelos.
Estivo pouquiño tempo porque dixo que aínda lle quedaba moito traballo e moitos nenos por visitar e ademais tiña que regresar a Laponia para organizar todos os agasallos que tiña repartir na Noite Boa.
A estas horas moitos de vós estaredes xa disfrutando dos agasallos que Papá Noel vos deixou esta noite. Espero que foran moitos e lembrade que aínda quedan os Reis Magos por chegar...
1 comentarios:
que sorte!!! chegou Papá Noel ao cole... tamén quería caramelos, para a próxima eu tamén me apunto. BO NADAL A TOD@S
Publicar un comentario