Durante esta semana no noso cole tivemos instalado no ximnasio un Planetario Viaxeiro, que a Fundación Obra Social La Caixa achega aos centros educativos.
E como non podía ser de outro xeito, os Merliños quixemos aproveitar a ocasión que se nos ofrecía e o pasado martes fomos coas nosas profes e así poidemos disfrutar do video que se podía ver no planetario.
Poidemos ver máis de cerca o sol, as estrelas, a lúa... Vimos como hai estrelas que teñen forma de carro de osa... Tamén descubrimos que a Terra se move arredor do Sol dando voltas e máis voltas...
Foi unha experiencia fantástica que esperemos se poida repetir en máis ocasións.
0 comentarios:
Publicar un comentario