Hoxe pola tarde tivemos unha sorpresa: A ACTUACIÓN DUN HOME-ORQUESTRA!!! Si, si, o que oides, un home cargado de todos cantos instrumentos vos podedes imaxinar e que era capaz de facelos soar a todos á vez. Tiña acordeón, harmónica, bombo, platillos e ata unha turuta...
Ese home-orquestra chamábase César e díxonos que viña dunha vila que se chama Freixo e a modo de cancións foinos contando historias do seu pobo e dos seus veciños.
Pasámolo moi pero que moi ben bailando e cantando ao son de todos aqueles instrumentos que portaba César e que cun pequeno movemento era capaz de facerlles soar.
A actuación foi un agasallo da recén estreada ANPA do colexio, á cal lle queremos agradecer o esforzo realizado para que hoxe todos poidésemos disfrutar deste gran músico.