Ola Merliños!
A profe Cris tivo ocasión de acudir esta finde semana aos VIII Encontros de Educación Infatil que se celebraron en Santiago.
Foi unha boa experiencia coa cal aprendín cousas novas e puiden ver como outras mestras traballan cos seus nenos. Ademais foi un pracer para min escoitar a todos os relatores, especialmente a Myriam Nemirovsky e a Angélica Sátiro.
Unha das cousas que trouxen destes encontros foron dous novos blogues que vos deixo enlazados na columna da dereita. Un deles chámase OS PICAROS DE VANE e o outro CON OUTRA MIRADA. Botádelles unha ollada.
E despois desto só poido esperar que, polo menos algunha destas experiencias a poida levar a cabo cos meus Merliños.
0 comentarios:
Publicar un comentario