Como xa sabedes, hoxe viñeron a gravarnos un equipo da TVG. Esta gravación vai a formar parte dun programa especial que se emitirá con motivo das Letras Galegas.
Nesto van a participar outros colexios e a todos nos une a mesma cousa: o nome dos nosos centros é o nome dun escritor.
No noso caso ademais aproveitamos que neste ano 2011 se celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora, escritor que dá nome ao noso centro.
Aínda non sabemos cando imos a sair na tele. O que si sabemos é que vai a ser no programa titulado VIVIR AQUÍ e que probablemente a emisión do noso video sexa os días previos ou posteriores ao 17 de Maio, Día das Letras Galegas, ou mesmo ese día. Xa vos diremos a data exacta.
Desde aquí queremos darlle as grazas ao equipo da TVG que veu: a Quico, a Fran e a Montse.
0 comentarios:
Publicar un comentario