Nestes días estamos xa a pensar no Samaín e andamos a facer cousiñas para decorar as nosas aulas e os corredores do noso ciclo. Nuns días ensinarémosvos o que temos preparado para celebrar esta festa.
E para que mentres non vos aburrades imos deixarvos uns enlaces para que poidades traballar o Samaín.
Da man de Ana e o seu blog AulaTic, chéganos este libro LIM sobre o Samaín e feito ademais en diferentes idiomas. Ademais deste LIM tamén podedes atopar outros recursos interesantes.
Déixovos tamén esta canción de Mamá Cabra moi boa para estes días.
Outros enlaces interesantes:
* Web de Norberto: recursos.
* https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/: información e recursos.
* http://www.juegaspeque.com/: algúns xogos.
2 comentarios:
Moitas grazas polo enlace, Cris. Espero que lles guste aos teus rapaces. Unha aperta.
Feliz Samaín, Cris. Un besazo.
Publicar un comentario