Bueno aínda que os peques non comezades ata o vindeiro día 12, os profes xa andamos polos colexios preparando un montón de cousas, reuníndonos, decorando aulas... para que todo esté en perfecto estado para recibirvos de novo.
E con este novo curso remata xa a aventura dos nosos Merliños. Eles comezarán unha nova etapa na Educación Primaria, unha etapa que seguro lles deparará novas experiencias e novos coñecementos. Desde aquí, as profes Bego e Cris queremos desexarlles moitísima sorte. Aquí vos deixamos as súas fotos de graduación que lles fixemos o pasado xuño.
This digital slideshow made with Smilebox |
Aproveito para dicirvos que no novo curso 2012/2013 este blogue non terá uns Merliños propios xa que, quen vos escribe, a profe Cris este ano non vai a ter titoría senon que desenvolverá as tarefas de Apoio a Educación Infantil.
Esto non quere dicir que o blogue vaia a pechar as súas portas. Mais ben todo o contrario, nel iredes vendo todo o que facemos os nenos/as de Infantil nas clases de psicomotricidade, música... así como tamén as nosas celebracións e festividades.
Así que non perdades ollo e non deixedes de visitarnos.
Bo comezo de curso a todos!!!
2 comentarios:
Benvida de novo ao mundo dos blogues. Deséxoche unha boísima entrada de curso. Xa verás como estarás fenomenal no teu novo posto. De todos os xeitos seguiremos as vosas andainas. Unha gran aperta.
Feliz comezo de curso. Seguiremos en contacto. O mércores xa está chegando. Bicos, Cris.
Publicar un comentario