Pois si, xa estamos en outono aínda que non o pareza xa que estamos tendo un tempo espectacular, moito mellor do que tivemos durante os meses de verán.
A partir de agora as paisaxes comezarán a cambiar de cores. Amarelas, marróns, vermellas... serán as cores predominantes no noso entorno. Caerán as follas das árbores, os días son máis curtos, algunhas aves emigran a lugares máis cálidos, é o tempo de vendimiar, de comer froitos secos, de empezar a usar o paraugas, o chuvasqueiro, as botas...
E para que vaiades entrando en materia déixovos uns xogos que atopei na rede. Facendo clic nas imaxes acederedes a eles.
Espero que vos gusten...
1 comentarios:
Como vedes aceptamos a vosa invitación, quedades enlazadas e seguiremos en contacto ao longo de todo o curso. Bicos.
Publicar un comentario