O proxecto dos PIRATAS chegou ao seu fin e para rematalo fixémolo dunha forma moi divertida: BUSCANDO UN TESOURO!!!
O venres 15 de abril pola tarde e aproveitando o bo tempo que tiñamos ese día en Mondoñedo, as nosas profes propuxéronnos sair ao patio e todos xuntos buscar o tesouro que estaba agochado.
Para que nos fose máis fácil, Lucía e Cris, déronnos un mapa o cal nos axudou a localizar o tan ansiado tesouro. Para chegar a el tivemos que facer un pequeno recorrido que nos levou nin máis nin menos que ao areeiro. Era alí onde estaba o "X" que nos indicaba a situación do tesouro.
Como iamos provistos de pás puxémonos a quitar area e... TESOURO ATOPADO!!! Cando o abrimos levamos unha gran sorpresa: o cofre estaba cheo de moedas de chocolate e outras lambetadas que desgustamos ao aire libre e disfrutando do sol.
2 comentarios:
así calquera se fai pirata! que sorte!
O meu neno encantoulle, e ten ben claro que o tesouro está no X.
Un besiño para todos/as.
Publicar un comentario