Os xoves a última hora da tarde, os Merliños imos ao Encerado Dixital Interactivo(EDI) xunto coas nosas mestras Lucía e Cris.
É unha actividade que nos gusta moito xa que no EDI podemos facer un montón de cousas desde escribir, pintar, facer puzzles... ata poder visionar un video.
O xoves pasado fixemos algo novo. Escoitamos e vimos un conto grazas ás actividades LIM. Neste caso, esta actividade do conto A QUE SABE A LÚA? da editorial Kalandraka, debémoslla ás profes Ana Martínez e Rosa Grille do CEIP de Pazos(Ferrol).
Primeiro vimos e escoitamos o conto con moitísima atención e despois fixemos as actividades e os xogos entre todos. Se facedes clic na foto poderedes ver o atentos que estabamos e o ben que o pasamos.
2 comentarios:
Da gusto veros aprender, Merliños! Me encantaron las fotos, y vaya suerte poder utilizar el EDI... Menudas profes que teneis y qué buenas son!
Besitos para todos los Merliños!
Convídote a que lle botes una ollada ao noso proxecto sobre a Lúa e as Estrelas, que inclúe o libro LIM que empregaches.
http://www.slideshare.net/pequespazos/o-ceo-nocturno
Apertas desde o CEIP de Pazos. Séguenos en http://pequespazos.blogspot.com
Publicar un comentario