Por fin, o pasado venres poidemos disfrutar dos nosos disfraces de PIRATAS. Despois de varios días preparando todo con moita ilusión, o venres 4 poidemos sair ás rúas de Mondoñedo para ensinarlle a todo o mundo o guap@s que iamos.
Non nos faltaba ningún detalle: parche, pano na cabeza, espada... Todo para convertirnos por unhas horas nuns temibles piratas.
Pero nós non fomos os únicos que nos disfrazamos. Os nosos compañeiros de 3 anos ían de Indios e os de 5 anos de Animais. Nos cursos de Primaria houbo para todos os gustos: disfraces libres, mariñeiros, doncellas, guardias de tráfico...
E despois dun bo cocido, a festa seguiu con música e coa queima do Antroido. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do día.
6 comentarios:
hai que ver qué guapos iades!!! seguro que atopástedes moitos tesouros polo camiño!!! un saúdo desde picarexadas!
Moitas grazas Tania!!! Vós tamén iades moi pero que moi guapos, daba gustor ver a eses ananiños coa súa Brancaneves. Biquiñosssssssssss
Iades guapísimos!! non vos faltaba detalle!!
Qué disfraces tan bonitos, Merliños! Besos desde Ferrol
A verdade da gusto velos, que precisos da traballo pero merece a pena. Moitas felicidades polo traballo. AH!!o mais importante os nenos estaban encantados. Un besiño.
Guapos e guapas!
Publicar un comentario